
Como vemos nas fotos, algúns intrépidos probaron o kaiak no peirao camellán con distinta sorte, xa que houbo algún que lle dou volta a embarcación e as pasou canutas para salir a flote.






2. O martes día 7 de Xullo ( San Fermín ), as 12:00 da mañá e tamén na Casa de Cultura, unha especialista do Sergas dará unha charla-coloquio sobre métodos anticonceptivos.

3. A Fundación Man precisa de axuda humana, e busca voluntari@s para diversas tarefas, como a limpeza e protección da Casa de Man, etc.
Se queres máis información ou participar como voluntari@, pregunta na Casa de Cultura de lus a venres ( de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 ) ou ben nos teléfonos 981-710224 / 625974014 ( Sabela ).





1. O Parlamento de Galicia ( PP, PSOE e BNG ) aprobou o venres por unanimidade instar a Xunta de Galicia que realice antes de seis meses un estudo de catalogación da obra de Man e que, posteriormente, analice a pertinencia de protexer o seu legado mediante a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).
Dende a morte do Alemán fai máis de seis anos non se levou a cabo ningunha acción concreta para conservar a súa obra e o museo atópase agora practicamente abandonado. Como única protección figura un cartel colocado polo Concello de Camariñas no que se pode ler: " Non pasar. Respecte o legado de Man ", ao que a maioría das persoas fai caso omiso.
Máis info : Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La opinión, Anosacosta

2. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, garantiu a Pescanova «todo o apoio» do seu Goberno para que poida retomar «o proxecto de cabo Touriñán», que era a primeira localización pola que apostara a multinacional galega e que está dentro da zona de Rede Natura.
Fixo extensivo este apoio ás empresas que cren postos de traballo e ao proxecto de Pescanova, que inaugurou a maior piscifactoría mundial para a cría de rodaballo en Mira (Portugal) e cuxa construción estaba proxectada nun principio en Touriñán e foi rexeitada polo Goberno bipartito polo seu impacto ambiental.
Feijoo dixo tamén que ese proxecto tiña hoxe que estar funcionando na Costa da Morte xa que era un dos compromisos do Plan Galicia, quen insistiu en que ese proxecto terá todo o apoio do seu Goberno en Touriñán ou en calquera punto da costa que cumpra os parámetros ambientais.
Por outra banda, PSOE e BNG rexeitan con rotundidade a implantación da nova planta en Touriñán.
Máis info : La Voz de Galicia, quepasanacosta , ABC


