Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

lunes, 29 de junio de 2009

Plataforma para liberar a peaxe Autopista A Coruña-Carballo


Vín unha iniciativa na popular rede social ( Facebook ) moi interesante.

Todos sabemos que internet está en primeira línea de informacións e reivindicaciós, eso é o que pensou José Manuel Suárez Esmorís para crear esta iniciativa no Facebook.

Falamos do grupo " Plataforma para liberar a peaxe Autopista A Coruña-Carballo ", que conta con máis de 2.700 membros e sigue subindo.

O obxectivo, aínda que recoñecen que é case imposible, é intentar conseguir a supresión da peaxe na AG-55 entre Carballo e A Coruña, peaxe imposto polo goberno de Manuel Fraga, que subío o prezo co goberno do bipartito e que o actual goberno da Xunta ampliou o prazo da peaxe ata o ano 2045 .

José Manuel Suárez comenta que sería importante polo menos lograr que se subvencionase a peaxe para os que a usan case tódolos días e invita aos veciños da zona a sumarse á rede en facebook porque canta máis xente sexan mellor.

De momento camíñase para alcanzar os 3.000 apoios, aínda que un bo tope sería a cifra de dez mil amigos, para así crear unha asociación que teña peso legal, poder para falar co goberno autonómico e tomar medidas de presión.

Manuel tamén asegura que esta plataforma social é totalmente apolítica xa que hai membros do PP, do PSOE e do BNG nela.

Para adherirse a esta iniciativa, tes que estar rexistrado en Facebook, entrar na páxina do grupo ( pincha aquí para entrar ) e pulsar na opción de unirse ao grupo.
.
Cabe suliñar tamén nesta nova, o cinismo da deputada socialista Marisol Soneira, que no goberno de Fraga pedíu encarecidamente a supresión da peaxe, cando estuvo no goberno ( no bipartito ) dixo que non se podía facer nada, e agora, outra vez na oposición, volve a alzar a voz en contra da peaxe; e eu pregúntome, ¿ está a xogar con nós coas súas declaracións nestes anos ou pensará que somos parvos? En fin, é o seu traballo e cobra por iso.

Máis info : La Voz de Galicia
.
P.D. : Déixovos un vídeo músical de agasallo ( xa é do ano pasado, pero bueno, paréceme moi orixinal ).
Vanilla Sky ( Umbrella )

viernes, 26 de junio de 2009

A praia de Camelle rexenarase coa area do porto


Parece, por fin, que a cordura e o sentido común imperan en Camelle por unha vez.

Os mariñeiros, mariscadores e veciños de Camelle, pedían a Portos de Galicia ( por seguridade e polos efectos perxudiciais do caolín nos viveiros pretos do porto ) que a rexeneración da praia camellana se fixera coa area dos baixos do porto e non con area de caolín traída dende Vimianzo, como ideou o Ministerio de Medio Ambiente.

Pois ben, onte mesmo, a Confraría de Pescadores de Camelle recibía unha carta na que anunciaba a suspensión do proxecto anterior e a realización dun dragado no porto para utilizar os áridos extraídos do fondo para a recuperación da praia.
Desta maneira, faranse dúas melloras ao mesmo tempo.

Tamén se prolongará o canal de salida do río a praia uns cen metros, para previr a erosión e os surcos e gavias que deixa no areal.

Máis info : La Voz de Galicia
.
ÚLTIMA HORA : xa me parecía raro a mín que os gobernantes usaran o sentido común no noso pobo, pois ben, agora dí o noso alcalde " Pichurri ", que a información dada pola Cofradía de Pescadores de Camelle é falsa e que él non sabe nada da realización dun dragado no porto para a recuperación da praia.
O rexidor dixo tamén que a rexeneración da praia pertence a Demarcación de Costas do Estado e non a Portos de Galicia, tamén falou coa empresa adxudicataria da obra e confirmáronlle que descoñecían o presunto cambio de plans.
Esperemos que se poñan todos de acordo polo ben do noso pobo e as " augas sigan polo seu cauce ".
Máis info : La Voz de Galicia

jueves, 25 de junio de 2009

Fotos antigas





Fotos antigas ( unhas máis que outras ) do porto de Camelle.

miércoles, 24 de junio de 2009

Info piscifactorías


As plataformas veciñais ( Camelle, Merexo e Seiruga ) en contra da implantación das piscifactorías, confían en que se cambie o Plan Acuícola.

- A vontade da Xunta de Galicia de retomar o tema de Touriñán significa, de feito, a reapertura do Plan Acuícola e con ela dunha posibilidade de que se estuden vellas demandas veciñais.
Con todo, ata agora a Consellería do Mar non deixou claro cales son as súas intencións con respecto aos proxectos aprobados polo bipartito.
«Os proxectos viables levaranse a cabo e alí onde haxa problemas intentaranse solucionar», foi a resposta oficial da consellería dada onte ás preguntas sobre o futuro do plan acuícola, sen facer mención expresa aos casos máis discutidos na Costa da Morte, os de Xandriña (Camelle), Seiruga (Malpica) e Merexo (Muxía).
.
- As plataformas veciñais deixaron aparcadas as mobilizacións, pero non as actuacións, que seguen o seu curso pola vía xudicial.
Agora todas esperan que a Xunta cumpra con todo o prometido durante a campaña electoral.
Iso si, non pecharán os procesos xudiciais abertos mentres non vexan un documento oficial que certifique que o Goberno galego desiste nos seus plans de construír plantas nesas zonas.

«Queremos velo no DOG», dicía onte o representante dos veciños de Camelle, Luís Suárez. Asegura que seguen adiante coa denuncia interposta contra o plan acuícola e que o asunto está en mans do seu avogado, que interporá a demanda nos próximos días.
«Hai unha promesa electoral e esperamos que sexa efectiva», di.
Xa iniciaron os trámites -a través do portavoz local do PP, - para reunirse con responsables da Consellería de Mar.
Pedirán oficialmente unha entrevista nos próximos días.
«Temos esperanzas, pero a ver que pasa», di Luís Suárez.
.
- Por outro lado, a deputada socialista camariñana e declarada " persoa non grata " pola maioría dos camelláns, segue coa mesma historia de sempre e parece que aínda non se dou conta que o seu partido xa non goberna en Galicia e que en Camelle cando mexan por nós, xa non dicimos que chove.
Marisol Soneira, asegura que a planta de Touriñán é similar á prevista en Camelle, con capacidade para crear preto de ¿¿¿ douscentos postos de traballo??? e esixe que se execute o Plan Acuícola do anterior goberno.

Destaca que se non se leva a cabo entre este ano e o próximo, perderanse as subvencións europeas para este tipo de instalacións.
Marisol Soneira afirma que se finalmente a Xunta opta unicamente pola planta de Pescanova e elimina as demais previstas no plan da Xunta anterior "terá que explicar porqué se rexeita crear 2.000 postos de traballo en toda a Costa da Morte e prímase a unha empresa que, como máximo, pode xerar 200".

Soneira Tajes tamén reclama "coherencia" á hora de fixar criterios ambientais, xa que, segundo explica, non se pode rexeitar unha piscifactoría como a de Camelle ou Merexo (Muxía) e aceptar a de Touriñán, que se atopa dentro da Rede Natura.

martes, 23 de junio de 2009

Os relatos de Guany


Nova entrega dos relatos de Guany, esta vez fálanos da nova fichaxe do Real Madrid baixo a súa perspicaz perspectiva.

P.D. : xa tendes a galería de fotos ( máis de 60 fotos ) do I Festival Río d´area celebrado este sábado, na parte de abaixo do blog.

"La limitación de lo bueno" é un principio, que parece demostrado e que se refire a que non se recomenda facer ostentación daquelas cousas materiais que, sobradamente, teñen algúns e poden espertar a envexa nos seus semellantes, que teñen carencias da maioría deses obxectos que parecen desexables.

Acordeime disto estes días pasados, oíndo e vendo imaxes da última fichaxe do Real Madrid.Sen dubidar do seu mérito dándolle patadas ás pelotas, pensei qué sentimentos terán, vendo isto, aquelas persoas situadas preto da liña da marxinalidade por carecer prácticamente de todo y vivindo de axudas, (coa degradación persoal asociada), cando ven a este mozo dándose as grandes festas con esas mulleres que moitos chavales da súa idade desexarían ver ao seu carón.

Tamén me poño na pel dos que andan gastándose os cóbedos para tentar aprobar os exames dun curso oficial sen ter garantido, por máis de se empeñen, un futuro parecido nin de lonxe.

Xa sei que soa demagóxico, pero tamén entendo que, ás veces, afloren os chamados baixos instintos dalgunha xente ante os excesos doutros que, dun xeito desproporcionado, se ven envoltos dun éxito absoluto. Para máis "inri", tendemos a considerar que aquel que naceu bonito e ten sorte na vida, debe ser un exemplar magnífico e adornámolo con todo tipo de atributos sen coñecelo sequera. Case un deus. Son os deuses dos últimos anos.

A outra cara da moeda é que moita xente medra coa adversidade, se non sucumbíu no camiño (que tamén pode ser). Os deuses modernos, quizais, non teñan a oportunidade de desarrollar ese crecemento, podendo resultar, según para quen, cabeciñas ocas. Tamén sucumben e corren riscos: embriagados de tanto éxito, sen experiencia ou carentes dunha preparación que lles axude a discriminar o negro do branco. Xa sei que hai excepcións coma en todo, pero coñecemos casos chamativos de xente que non sabe vivir con tanta fortuna e doutra que ten os seus máis ou menos coma o resto dos mortais, coa particularidade de que son máis dependentes do normal das cousas do seu contorno.

Aínda que a envexa é algo humano, se reflexionamos un pouco ¿non vos parece impagable, ese/a amigo/a, que está connosco só por ser como somos? e ¿cambiaríades a esa persoa agarimosa, que vos quere de verdade, por esas outras "cuasiperfectas" , que te veneran, cheirando a colonia de 5 estrelas , sen teres a seguridade de que sexa certo ou estea en función dos díxitos da vosa conta corrente?. ¿Parécevos que, de verdade, os novos deuses son dignos de envexa?.
.

lunes, 22 de junio de 2009

Novas de interese



1. O Parlamento de Galicia ( PP, PSOE e BNG ) aprobou o venres por unanimidade instar a Xunta de Galicia que realice antes de seis meses un estudo de catalogación da obra de Man e que, posteriormente, analice a pertinencia de protexer o seu legado mediante a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).

Dende a morte do Alemán fai máis de seis anos non se levou a cabo ningunha acción concreta para conservar a súa obra e o museo atópase agora practicamente abandonado. Como única protección figura un cartel colocado polo Concello de Camariñas no que se pode ler: " Non pasar. Respecte o legado de Man ", ao que a maioría das persoas fai caso omiso.

Máis info : Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La opinión, Anosacosta



2. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, garantiu a Pescanova «todo o apoio» do seu Goberno para que poida retomar «o proxecto de cabo Touriñán», que era a primeira localización pola que apostara a multinacional galega e que está dentro da zona de Rede Natura.

Fixo extensivo este apoio ás empresas que cren postos de traballo e ao proxecto de Pescanova, que inaugurou a maior piscifactoría mundial para a cría de rodaballo en Mira (Portugal) e cuxa construción estaba proxectada nun principio en Touriñán e foi rexeitada polo Goberno bipartito polo seu impacto ambiental.

Feijoo dixo tamén que ese proxecto tiña hoxe que estar funcionando na Costa da Morte xa que era un dos compromisos do Plan Galicia, quen insistiu en que ese proxecto terá todo o apoio do seu Goberno en Touriñán ou en calquera punto da costa que cumpra os parámetros ambientais.

Por outra banda, PSOE e BNG rexeitan con rotundidade a implantación da nova planta en Touriñán.

Máis info : La Voz de Galicia, quepasanacosta , ABC

viernes, 19 de junio de 2009

San Xoán en Camelle



A Comisión de Festas de Camelle xa tén todo preparado para a noite de Xoán.

O día de cacholas ( 23 de Xuño, martes, na praia ) a partir das sete da tarde empezarán os xogos e os hinchables para os máis pequenos.

Seguiralle unha gran sardiñada e churrascada amenizada polas Cantareiras e pandereteiras " Caramuxa " de Camelle e de novo a actuación estelar de " Paco e o seu bastón " con novo repertorio.

Tamén haberá unha gran verbena na compaña da orquestra Alarma, que tanto gustou o domingo do Espíritu Santo coa cantante de Arou.

Para rematar esta noite máxica, haberá queimada para todos e espérase a visita das meigas para facer o conxuro, xa que nesta noite feiticeira todo pode pasar.
.
A verdade é que a axenda cultural e de festas en Camelle non envexa a ningún pobo da Costa da Morte.

jueves, 18 de junio de 2009

Foto do " jalo "


Xa temos, en rigurosa exclusiva, a foto do " jalo " que se vai a utilizar o sábado na anticipada festa de San Xoan, na praia de Camelle.

Según me conta un dos seus coidadores e a persoa que me mandou a foto, esta imaxe serve para que os ecoloxistas e os detractores do maltrato animal ( eu inclúome neste grupo ) vexan que o animal está ben tratado, soamente lle dán de comer millo e xa engordou medio kilo nunha semana.

Bueno, agora falando en serio, este vai a ser o boneco en forma de galo feito de cartón pedra que vai a protagonizar o popular " Xogo do jalo " o sábado pola tarde, dentro dos actos do I Festival Río d´area.
Eso sí, o premio para o gañador do peculiar " Xogo do jalo " será un galo de verdade.

Anímovos a que participedes, xa que pásase un anaco ben agradable e enriba pódeste levar un galo para a casa ou para o forno, eu xa vou de primeiro.
Noraboa aos creadores do " jalo ", ( a verdade é que quedou moi ben ) e moitas gracias a persoa e usuario deste blog que me mandou a foto.
.
P.D. : si escoitades ben a canción que está soando de Beyoncé, poderedes apreciar que o estribillo da canción dí claramente " jalo ", en alusión clara o animal que sae na foto desta nova.

Foto curiosa



Hoxe podemos ver unhas fotos moi curiosas que nos enviou un usuario e amigo deste blog.

O enunciado das fotos é o seguinte:

" Así é a nosa Guardia Civil do Mar. Se hai que parar a planeadora, párase e punto. E parárona, vaia que sí... "
.

miércoles, 17 de junio de 2009

COGOMELOS DE GALICIA



Xa temos, en rigurosa exclusiva, nas nosas mans, a nova edición do libro " Cogomelos de Galicia " escrito polo noso amigo, veciño de Camelle e usuario do blog, Manuel Pose Carracedo ( Pitara ), Jose Manuel Castro Marcote ( Cee ) e Jose María Traba Velay ( Fisterra ).
Os autores do libro son os socios fundadores da asociación micolóxica-naturalista " Pan de Raposo ", situada na Costa da Morte.

O libro editado pola Xunta de Galicia ( Consellería do Medio Rural ) é unha nova edición do mesmo libro do 2005, pero revisada, actualizada e ampliada ( máis de 600 páxinas a todo color ); tamén contén novas fotos cunha maior calidade sacadas case todas por Manolo.

Aínda que esta obra nace na Costa da Morte, comarca con tan escasa tradición micolóxica coma rica en varidade de especies, descríbense ata 500 especies recollidas e fotografadas polos autores en diversas partes de Galicia.

Este auténtico manual de campo é útil tanto para os non iniciados coma para os especialistas, pois despois dun amplo resumo de mundo dos fungos incluíndo unhas sinxelas claves para a identificación dos xéneros, a obra continúa cunha coherente e detallada descrición das especies, sempre acompañada por fotografías e debuxos que facilitan a comprensión dos textos.

A obra complétase cunha afortunada sección gastronómica na que, despois dos mellores consellos sobre a preparación de conservas e licores, se recollen 20 receitas caseiras xunto con outras dez dos máis prestixiosos chefs da nosa comunidade, todas elas con soporte fotográfico.


Este magnífico libro estará nas librerías en breve e o prezo aínda non está definido, pero andará sobre os 25€.

Calquera que esté interesado no libro e non o atope, que me mande un correo ( sienfuejos@hotmail.com ) e eu conseguireillo.

Enlace : Pan de Raposo

martes, 16 de junio de 2009

Os relatos de Guany


Hoxe estreamos nova sección ( Os relatos de Guany ).

A partir de hoxe, a nosa querida usuaria e veciña de Camelle, Guany , expoñerá a súa sabia opinión sobre os temas actuais e novas deste blog.

Guany accedeu moi amablemente a colaborar neste blog e para min é unha honra poder publicar os seus relatos, dado a súas dotes intelectuais e dialécticas coñecidas por moitos, que encherán esta humilde páxina de sabiduría e cultura.
De novo, mil gracias Guany.

Relato:
Hoxe voume referir á noticia que lin no blog sobre as dificultades en conseguir un helicóptero de salvamente na nosa costa.

Para empezar, paréceme xenial que reduzan gastos e que se coiden moito de non derrochar aquilo do que son administradores (que non donos), se non queren que a xente se mosquee.
Ser prudentes nas inversións que fan cando se trata de cousas innecesarias ,por exemplo:
A cantidade de altos cargos que nunca souben moi ben se tiñan unha función real ou están alí porque hai que “colocar” a determinadas persoas.

O primeiro e iso: buscarle un sillón ergonómico a alguén con nome e apelidos. Despois, a ver qué tarefas se lle asignan a este personaxe (a función que faga é algo secundario). O verdadeiramente importante é incluilo na nómina e, despois, veremos que se lle pode dar para entretelo porque toda a xornada tomando café vai acabar poñendoo eléctrico e facer solitarios tantas horas, levarao a poñer gafas de “cú de vaso” antes de que remate a lexislatura en cuestión.

Podería ser que a súa función a realice, perfectamente, un florero, coa diferenza de que alegra a vista e só consume auga. Non digo que todos estean nesta categoría de “señores/paria”, nin moito menos, pero se fixeran un barrido, eliminando todos os cargos inútiles, quedarían presupostos para outros servizos á comunidade.
Din que isto está comezando a cambiar, pero moito me temo que sexa unha operación máis aparente que real. Oxalá me equivoque.

Doutra banda, os altos cargos, verdadeiramente necesarios, poderían facer “operacións de aforro” como aloxarse en hoteis normais (non digo cutres) e cousiñas polo estilo. Se queren reducir gastos, a listaxe sería longa de enumerar e non quero aburrirvos.
Unha das caras feas da economía difícil, é que cando os gobernos manifestan que é necesaria a austeridade, fano sempre apretándolle o cinturón aos cidadáns e non teñen por costume apretar os seus. Por algo, a xente está tan desencantada e só se move cando prefire calquera outra cousa ao que hai nese momento.

Nesta ocasión, parécelles un gasto excesivo destinar un helicóptero á Costa da Morte. Non creo que unha unidade lles supoña tanto descalabro económico e podería evitar que un accidente se converta nun drama nunha zona con tanta costa, cos perigos que conleva.

P.D. non sei se estaba soñando, pero ¿non estrearon un novo mísil, estes días no Ministerio de Defensa?.Coa última tecnoloxia, parece que é capaz de todo; semella a Superman ardendo. Creo que vai bautizarse co nome de AUSTERIDADE.. Terei que ir á farmacia para que me dean unhas pastilliñas que me eviten soñar con estas cousas tan raras.

lunes, 15 de junio de 2009

A Xunta comprométese a restaurar o Museo de Man


O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, confirmoulle ao portavoz popular de Camariñas, Daniel Rego, nunha entrevista celebrada en Santiago, o compromiso da Xunta de Galicia de restaurar o antes posible o Museo de Man.

O conselleiro anunciou que os técnicos van estudar detidamente este proxecto, por tratarse dun ben turístico que é necesario conservar e que se analizarán as posibles alternativas para a súa restauración.

Reflexión persoal:
A verdade é que é unha pena que despois de seis anos da morte do anacoreta, non exista un proxecto concreto e firme para a restauración e conservación da obra de Man e o seu legado se deteriore día a día.
O pobo de Camelle e os milleiros de turistas que o visitan xa están fartos de tantas palabras e promesas ao longo de seis anos por parte das administracións, xa que o legado de Man non se merece este abandono e esquecemento.
Esperemos que esta sexa a derradeira nova sobre a restauración do legado de Man e non outra máis.

P.D. : Desaparecen as pequenas pedras reivindicativas da Iniciativa Man, situadas encima dunha gran pedra na entrada do museo, pero a basura segue no mesmo sitio.
Máis Info : La Voz de Galicia

Cea da Peña Sempre Depor






Este sábado pasado, a peña deportivista " Sempre Depor " de Camelle, celebrou a súa cea-aniversario.
Como vén sendo habitual ao longo destes anos, a cea fíxose no Restaurante Villa de Oro ( Camariñas ) na que asistiron numerosos peñistas da zona.
A festa estivo amenizada polo D.J.Imben e houbo agasallos para os socios.

Noraboa a Peña Sempre Depor polo seu aniversario e a súa labor de manter o deportivismo no máis alto na nosa zona, lembremos tamén que a maioría dos seguidores deste blog e un servidor son aficionados do Depor.
Felicitar tamén ao R.C.Deportivo de La Coruña pola tempada feita este ano.

jueves, 11 de junio de 2009

I FESTIVAL RÍO D´AREA


Despois de enterarnos por La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia de que as dúas asociacións camellanas ( Asociación de Veciños "A Pergoliña" e Asociación de Festas de Camelle ) recibiron cero euros en axudas da nova Secretaría Xeral de Política Linguística dentro do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, as entidades camellanas seguen a traballar pese a non recibir un euro.

Este é o caso da Asociación de Veciños " A Pergoliña ", que organiza para o vindeiro sábado día 20 de Xuño o San Xoán anticipado na praia.

Pola tarde farase o popular " Xogo do jalo " e sobre as nove da noite comezará unha gran sardiñada.
Pero non acaba aí a cousa, xa que despois das sardiñas virá a música.

O I Festival de Música Río d´area traeranos as actuacións das emblemáticas Cantareiras e Pandereteiras " Caramuxa " de Camelle e dos recoñecidos grupos de folk Madialeva ( A Coruña ) e Fol de veneno ( Carballo ).
Para rematar esta noite máxica, actuará a disco móvil do D.J. Imben.
Coma sempre, non podedes faltar, paso lista.
.
P.D. : a sardiñada estará amenizada polo kilombo camellán " O mellor de cada kasa ".

Frase da semana


Nestes tempos que corren coa polémica do uso do galego nas escolas, nos organismos oficiais, nas oposicións, etc. soamente quería destacar unha frase da psicóloga e poeta Concha Rousia :

" Cando morre o derradeiro falante dunha lingua, morre un soño da humanidade, porque as linguas son tódalas obras maravillosas da humanidade, dignas de ser protexidas, e a nosa, a galega, non pode ser menos. Polo tanto de nós, dos nosos gobernos, depende pois que ese soño non esmoreza. "

miércoles, 10 de junio de 2009

Foto curiosa


Un usuario do blog mandoume unha foto dun animal moi curioso e pouco visto polo día na nosa zona, xa que é un animal de vida nocturna.
Trátase dun teixugo ou comunmente chamado porco teixo.
.
Este animal ( omnívoro ) estaba dándose unha boa enchenta de fresas e outros froitos no xardín dun veciño camellán, ata que foi descuberto.
Gracias por mandar estas fotos tan curiosas e poder compartilas con todos.
.
Máis info :
O teixugo mide entre 60-90 cm e ten un peso entre 7 e 13 kg.
É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas.
As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Parece un pequeno oso, pero tamén pode compararse a un peludo cocho, de feito fai uns ruídos característicos.
A súa pelaxe empregábase non hai moito para facer brochas de afeitar.
As patas dianteiras teñen uñas moi longas, poderosas, coas que escarva profundas covas.
Trátase dun animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día.
O teixugo pode rubir polas árbores, aínda que non se atopa adaptado para facelo.
Tamén pode correr con certa rapidez e nadar.
En caso de perigo ao verse ameazado emite fortes bruídos (Reinochholf, 1995).
É moi xoguetón cos membros da súa especie, tanto de xove como de adulto e participa no aseo corporal dos compañeiros de especie.
É omnívoro, come animais como miñocas, caracoles, vermes, ras, pequenos mamíferos, prea, raíces, bulbos, froita ou castañas.
Habita en bosques frondosos e mixtos, é solitario.
Defeca sempre nos mesmos lugares e vai sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el.
Escava numerosas madrigueiras na terra que son usadas pola familia.
Toma parella para toda a vida.
As galerías das súas madrigueiras son moi complexas, con catro a oito saídas.
As cámaras de repouso están a metro e medio de profundidade.
Xeralmente as covas do teixugo desembocan en auténticas covas naturais.
Hiberna, e nos seus sonos invernais, que poden durar varias semanas, vive das reservas de graxa acumuladas durante o outono.
O teixugo tratouse de domesticar sen éxito.

lunes, 8 de junio de 2009

Novas varias



1. Xa tendes na parte de abaixo do blog a galería de fotos da escola municipal de teatro de Camelle que se celebrou o día 24 de Maio nunha Casa de Cultura camellana abarrotada.


2. Este pasado venres , os operarios executaron a orde do goberno municipal de retirar o polémico peche da rúa da igrexa de Camelle.

As obras desenvolvéronse sen ningún tipo de problemas, en presenza dun axente da Policía Local e do alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León.
Máis info e foto : La Voz de Galicia



3. Como todos xa saberedes, o Partido Popular gañou as eleccións europeas en España e tamén no noso concello.

En xeral, a participación foi escasa, aínda que subiu un pouco, pese ao mal tempo de onte, no noso concello.
Camelle e Camariñas foron outra vez determinantes cos seus votos para que o PP gañase.

Os votos acadados por parroquias foron os seguintes :

- Camelle : PSOE ( 178 votos ) PP ( 284 votos ) BNG ( 33 votos )
- Camariñas : PSOE ( 558 votos ) PP ( 591 votos ) BNG ( 48 votos )
- Ponte do Porto : PSOE ( 225 votos ) PP ( 221 votos ) BNG ( 23 votos )
- Xaviña : PSOE ( 215 votos ) PP ( 197 votos ) BNG ( 12 votos )
- Arou : PSOE ( 106 votos ) PP ( 106 votos ) BNG ( 10 votos )

- Total : PSOE ( 1282 votos ) PP ( 1399 votos ) BNG ( 126 votos )



4. O PP e o PSOE enfréntanse pola paralización das obras da vía de alta capacidade da Costa da Morte.
O Partido Popular da Costa da Morte dí que esta paralización é debido a falta de liquidez das empresas adxudicatarias e ao engano do bipartito.
Ademais lamentan a actitude da parlamentaria socialista Marisol Soneira por decir no parlamento que era moi bruta porque era da Costa da Morte, ofrecendo unha mala imaxe da costa e dos seus veciños.

Por outro lado os socialistas responden que isto é unha estratexia da Xunta para disimular un novo recorte de fondos para a nosa bisbarra e sinalan que o PP volve espallar o chapapote do esquecemento e da marxinación pola Costa da Morte.

As desputas e acusacións seguirán, pero os maiores afectados neste tema somos tódolos veciños da Costa da Morte que vemos como o desenvolvemento da comarca e as infraestructuras seguen paradas unha vez máis.



5. As cinco da tarde de hoxe, a nosa web amiga quepasanacosta publicaba a nova de que Man ía en cabeza na Elección Histórica da Costa da Morte con 202 votos por 187 votos do gañador polo concello de Ponteceso, Eduardo Pondal.

A enquisa dou un xiro inesperado as nove da noite, xa que o ilustre gañador de Ponteceso acada 261 votos ( 74 votos en apenas catro horas ) por 206 votos do gañador polo concello de Camariñas, o noso querido Manfred.
Tampouco nos podemos queixar, xa que Man acadou máis de 200 votos nunha semana.
As votacións rematarán o día 31 deste mes de Xuño.

Máis info e votacións : Elección Histórica da Costa da Morte
Foto : Eduardo Pondal

jueves, 4 de junio de 2009

Nota de prensa de Carmen Mouzo



Déixovos a nota de prensa que me mandou a familia de Carmen Mouzo e que tamén sae hoxe publicado en La Voz de Galicia, referente a unha nova aparecida o martes sobre a pavimentación da Rúa da igrexa, na que dí que o Concello de Camariñas ameaza a Carmen Mouzo de " absterse de realizar actos que obstaculicen a execución das devanditas obras, recurrindo o Concello, se fose necesario, a solicitar o auxilio da forza pública".

O concello tamén dí que Carmen " é responsable dunha usurpación de terreo público ao ter interceptado o uso da parte do viario público, mediante a construción, sobresaíndo da aliñación da vivenda, dunha beirarrúa particular e mediante a colocación dun testo fabricado in situ e rematado con bloques de formigón, tal e como consta na reportaxe fotográfica emitida pola Policía Local".

Todos sabedes que raramente me "mollo" en todo o que publico neste blog e eu non son ninguén para dar a razón a unha parte ou a outra, pero soamente quería decir que non me gustan nada os avisos e ameazas por parte do noso concello a esta veciña camellana, pode ter razón un ou o outro, non o sei, pero falando ambas partes poderíase solucionar o problema, e se non, a xustiza o dirá, pero nunca coa imposición e o poder fáctico e autoritario dos que gobernan.

NOTA DE PRENSA DE CARMEN MOUZO :

Según las declaraciones de la vecina Carmen Mouzo,
El Ayuntamiento de Camariñas se apodera de una parcela privada para pavimentar una calle que no está registrada como pública.

La calle do Espíritu Santo es, actualmente, un camino vecinal a efectos municipales ya que, el Consistorio no tiene registrada la citada en el Libro de Inventario Urbano.
Por tanto, el Ayuntamiento debería declarar el citado ámbito en calle y pública.

Posteriormente, solicitar a la vecina el apropio de la parcela, la cual dona la misma para la mejora del servicio público.
Carmen Mouzo manifiesta pues que “ni está en contra de la pavimentación y mejora de la calle ni ha paralizado las obras al Consistorio, ellos sabrán por qué las han paralizado, eso sí, cuando alguien paraliza una obra es porque no está seguro de la acción a acometer. Y en segundo lugar, no me niego a dar mi parcela pero si me niego al trato antidemocrático al que me está sometiendo el Ayuntamiento. Ruego al alcalde ejerza una idiosincrasia demócrata”.

03-junio-09. En visto a la exposición por parte del Ayuntamiento de Camariñas en relación con las obras de pavimentación de la calle del Espíritu Santo, de la cual afirma estar paradas por culpa de la alegación de una vecina, esta misma, Carmen Mouzo, manifiesta que “el alcalde está denotando una actitud personal sobre los hechos, lejos de la profesionalidad de un regidor. Además, en este caso se está tratando un tema del ámbito administrativo y no político. Debe ser que por primera vez un vecino exige, por escrito, al Ayuntamiento la comunicación de inicio de obra y defiende su titularidad ante un apropio indebido del terreno cuando el primer edil acostumbra a no hacerlo o hacerlo a través de la imposición y de forma oral”.

Todo se remonta a finales del mes de abril de 2009 cuando el Ayuntamiento de Camariñas inició las obras de pavimentación de la c/ Espítiru Santo, es decir, de pavimentación y no de ampliación. Dichas acciones, ya sean de pavimentación o fueran de ampliación suponen una mejora del servicio público y por tanto, la vecina Carmen Mouzo, manifiesta “nunca oponerse a ellas y menos paralizarlas”.

Por ello, la alegación al Consistorio fue iniciada a raíz de la presencia del Alcalde en la casa de la vecina para asegurar “que todo iba a quedar perfecto” sin explicar en base a qué proyecto se apropiaba de la parcela de la vecina.
Y por tanto, tampoco aportó documentación escrita de carácter oficial.
La vecina realizó escrito de contraposición a la actitud, impositora, del primer edil para apoderarse, sin mayor explicación, de la parcela y exigió una acción democrática para la extracción del terrero.

A la citada, el Ayuntamiento contestó que Carmen Mouzo demostrara la titularidad de la misma. “De nuevo presenté escrito basando la titularidad en el testamento y en material fotográfico de los años 1800 y 1970, que evidencia la ubicación de un muro de piedra y no de bloques de hormigón, como afirma el informe elaborado por secretaría”.
En esta última comunicación, Carmen Mouzo pide al Ayuntamiento copia del Libro Inventario de Bienes Inmuebles del municipio en el que se indique las características de la calle pública Espíritu Santo.

A este requerimiento el Consistorio contestó afirmativamente y es cuando la señora Mouzo se presencia en las dependencias municipales para tal efecto, en horario indicado. Sorprendentemente, no le dieron acceso al mismo. “Dejé constancia de mi visita para que me hicieran copia del Libro Inventario... unos días más tarde la secretario emite certificado en el que me comunica que en el Libro Inventario non figura incluida a rúa denominada no roteiro municipal como Rúa do Espítiru Santo, sita na localidad de Camelle”.

Por último, según certificado del Ayuntamiento de Camariñas, esta calle objetivo de pavimentación no es tal, una calle, ya que al no estar registrada en el Libro Inventario de Bienes Inmuebles del municipio, es un camino en el cual el Ayuntamiento pretende la apropiación o usurpación indebida de un parcela de titularidad privada.
Tras dicha comunicación, Carmen Mouzo no ha vuelto a tener noticias, salvo a través de La Voz de Galicia en el que se publica un extracto de la publicación emita en el BOP.

De nuevo, con carácter amenazante puesto que, “la señora Mouzo no acostumbra a realizar escándalos públicos ni de carácter impositorio, porque existen Juzgados que amparen los derechos fundamentales de los vecinos”.
Carmen Mouzo manifiesta pues que “ni está en contra de la pavimentación y mejora de la calle ni ha paralizado las obras al Consistorio, ellos sabrán por qué las han paralizado, eso sí, cuando alguien paraliza una obra es porque no está seguro de la acción a acometer. Y en segundo lugar, no me niego a dar mi parcela pero si me niego al trato antidemocrático al que me está sometiendo el Ayuntamiento. Ruego al alcalde ejerza una idiosincrasia demócrata”.

Máis info : La Voz de Galicia

Novas varias


1. Ao parecer aínda non apareceu o agraciado con 300 euros do sorteo das rifas da Comisión de Festas de Camelle.
A ver si sondes algún de vós os agraciados e non o sabedes.

O número premiado ( 4 derradeiras cifras do sorteo do Cupón da Once do pasado día 1 de Xuño ) é o 2167.
Oxalá vos enteredes que sodes afortunados lendo estas palabras e se non, sorte para a próxima vez.


2. Onte, mércores, déronse por fin rematadas as obras de prolongación do dique de abrigo camellán.

Portos de Galicia investiu 3.1 millóns de euros nestas obras e 1.500 toneladas de formigón para o reforzamento da nova construcción.

Máis info : La Voz de Galicia


3. A nova dirección da T.V.G decidiu aplazar a emisión prevista para o pasado martes pola noite, dun documental do programa " A caixa negra " presentado polo ex "Caiga quien caiga" Gonzo e que trataba sobre o mal das vacas tolas.

A caixa negra é un programa documental producido por Antón Reixa e fai un viaxe polo túnel dos acontecementos sociais acaecidos en Galicia ao longo do tempo.

O martes pasado emitiron unha reportaxe espectacular e moi conmovedora sobre o afundimento do Casón, alá por Decembro do ano 1987 e fixo unha parada na memoria dos galegos que lembramos como foron evacuadas vilas enteiras ante o temor da aparición dunha nube tóxica.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, dixo que non se emitiu o programa por petición dun sindicato agrario ( Xóvenes Agricultores ), afíns ao PP e polo dano que faría polas dificultades que atravesa o sector.

Por outro lado, este sindicato agrario nega que a decisión de non emitir este programa fora deles.

As reaccións políticas por este feito xa se fixeron notar e o portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia na Comisión da CRTVG, José Luis Méndez, dixo hoxe que a retirada do programa Caixa Negraevidencia que chegou a censura e a manipulación ao ente”.

O parlamentario socialista presentou hoxe por este motivo a solicitude de comparecencia urxente no Parlamento do director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo.

miércoles, 3 de junio de 2009

Elección Histórica da Costa da Morte


Gracias aos vosos votos, Man convertíuse no pesoaxe máis votado polo Concello de Camariñas moi por diante dos outros candidatos, iso que soamente tuvo dúas semanas nas votacións, xa que foi incluido a posteriori.

Pois ben, os nosos amigos de quepasanacosta e corcubion.com, seguen coa enquisa para elexir ao persoaxe máis importante da Costa da Morte.

Agora vótase polo gañador de cada concello, Man vai en segundo lugar ( 5 votos, hoxe mércores ) moi por detras do primeiro clasificado ( Eduardo Pondal por Ponteceso con 18 votos ).

Esperemos que coa axuda de tódolos camelláns, Man poida conseguir o maior número de votos e poñerse no máis alto da clasificación.

Aquí vos deixo o enlace para poder votar:
.

martes, 2 de junio de 2009

Novas varias


1. O Concello de Camariñas fixou para o próximo día 5 o inicio das obras de pavimentación da rúa da Igrexa.

Todo normal ata aí, a non ser porque o anuncio tivo que ser publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP), posto que unha veciña discute ao Concello a titularidade dun pequeno tramo, situado xusto diante da súa casa.
Por iso é polo que o executivo local xa avisa a muller de que debe " absterse de realizar actos que obstaculicen a execución das devanditas obras, recurrindo o Concello, se fose necesario, a solicitar o auxilio da forza pública".

En concreto, o informe asegura que Carmen Mouzo Pereira " é responsable dunha usurpación de terreo público ao ter interceptado o uso da parte do viario público, mediante a construción, sobresaíndo da aliñación da vivenda, dunha beirarrúa particular e mediante a colocación dun testo fabricado in situ e rematado con bloques de formigón, tal e como consta na reportaxe fotográfica emitida pola Policía Local".

Todo o proceso iniciouse recentemente, hai pouco máis dun mes, cando a veciña de Camelle presentou un escrito no Concello no que declaraba ser titular da superficie en litixio, unha parcela de nove metros de longo por 2,7 de ancho nunha parte e 1,84 na outra.

Máis info : La Voz de Galicia


2. O alcalde de Camariñas e líder socialista, Manuel Valeriano Alonso de León, e o portavoz do PP, Daniel Rego González, debateron onte en Radio Voz Bergantiños sobre o balance dos dous primeiros anos de mandato municipal.

- O alcalde respondeu cun ton de reproche: "En Camariñas traballamos, non mentimos. E miramos cara ou futuro, por iso sacamos adiante ou PXOM e máis moitas infraestruturas", dixo.

Falou dos "polígonos industriais que están en marcha", o camariñán e o porteño, que figura previsto no PXOM, o que abre a porta ás persoas que desexen investir e gozar no municipio. Sobre isto último, eloxiou as calidades turísticas da localidade e de todas as súas parroquias, destacando que se trata dun dos concellos que máis visitantes atrae ao longo do ano, " é o orgullo dá zona".

"Os turistas que acoden a Vilán, por exemplo, xa se contan por decenas de miles".
"Que non veña o PP a dicir que o facemos mal. Neste tempo, nestes dous anos de mandato, o Partido Popular non fixo ningunha proposta ou iniciativa».

- O portavoz do PP entende que, "nestes dous anos de goberno, o que destacou foi o engano e a mentira dende ou Concello".

Probas diso que afirma sería, por exemplo, que "varían as datas para a posta en marcha do polígono" en función do momento en que se preguntou, ou que o parque empresarial privado da Ponte do Porto "carece de apoio", e iso que ambas infraestruturas "son fundamentais para o desenvolvemento de Camariñas".

Rego aproveitou as conclusións para devolverlle ao alcalde os seus reproches respecto diso que non vive en Camariñas: "Él vive en Braño", respondeu, un lugar próximo ao municipio, pero en Vimianzo.
En canto á maior parte dos investimentos que levan a cabo no municipio, o líder popular opina que "vén do Goberno anterior ao Bipartito".


3. A Xunta de Galicia anulou a compra do helicóptero de salvamento para a Costa da Morte.

Esta decisión enmárcase dentro do plan de austeridad posto en marcha por Feijoo para combatir a crise económica.
A oposición xa está a tomar cartas no asunto para que isto non se faga efectivo.
O grupo parlamentario do BNG anunciaba que levará ao Parlamento unha proposición non de lei para que o goberno non anule a dotación dun helicóptero de Salvamento Marítimo á zona da Costa da Morte e dín que coa vida dos mariñeiros non se poden escatimar esforzos económicos.

O PSOE da Costa da Morte tamén se reunirá esta semana para protestar por esta decisión.

lunes, 1 de junio de 2009

Festas do Espíritu Santo - Camelle 09




¡¡¡ Éxito rotundo e absoluto das festas do noso patrón !!!

A verdade é que nin os máis optimistas esperaban tanta xente nas festas do noso pobo.
O venres foi de escándalo a cantidade de xente que había, ata ter que aparcar o coche pola Casa do Mar.

O campo da festa estaba abarrotado de xente de tódolos lugares ( Camariñas, Xaviña, Arou, Ponte do Porto, Muxía, Vimianzo, Ponteceso, Laxe, Lalín, A Pobra, etc. ), ata era dificil encontrar camelláns no medio da marabunta, iso que os medios de comunicación importantes case non se fixeron eco das nosas festas.

As noites acompañaban polo bo tempo existente, polas boas orquestras, polo churrasquiño e pola excelente organización destas festas por parte da comisión.
E a verdade é que puxeron o listón moi alto nestas festas, pero de seguro que para as do Carmen superarano, aínda que sexa moi dificil.
Noraboa a tódolos integrantes da Comisión de Festas polo seu traballo e a súa labor incomiable.
.
Xa tendes a galería de fotos na parte de abaixo do blog.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE