Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

jueves, 30 de julio de 2009

Os relatos de Guany


Todos que me coñecedes, saberedes que non me gusta nada ser o protagonista, máis ben prefiro case sempre estar nun segundo plano, pero despois das "ameazas" da nosa querida e sabia colaboradora Guany, non me queda outra que publicar ó último relato desta tempada.
Gracias por todo, Guany.

A Marcos:

Antes de que se marche de vacacións e teñamos un paréntese sin o noso informativo favorito, voulle dedicar a parradiña desta semana a ese extraordinario chaval, que tanto pon da súa parte para que esteamos enterados do que nos afecta aos camelláns, de forma totalmente altruista e pasando por encima de todo tipo de presión ou obstáculo. Cun par ........

Por eses avatares da vida, moitas veces, pasamos anos sen coincidir con algún veciño. Cando menos o esperas, os camiños por onde andamos converxen e decátaste de que aquela persoa está case irrecoñecible, sobre todo na etapa de neno a mozo. Iso foi o que me sucedeu con el. Redescubrino na cabeceira dunha manifestación. ¿Quen é?, preguntei. Era Marcos, aquel cabaleiro que poñía tanto entusiasmo, animosidade e convencemento no que expresaba (iso si: non se pode dicir que cante coma Pavarotti). Desprendía autenticidade a moreas e salpicaba todo dun gran sentido do humor.

Seguinlle boa parte da traxectoria posterior e sei que é das persoas que, verdadeiramente, vale a pena coñecer. Sempre disposto a colaborar cando se lle necesite, sinxelo, discreto, elegante nas súas formas, camellán ata a médula e, básicamente, unha extraordinaria persoa.

Sei que lle incomodará que fale del, pero pero sabe ben que llo digo desde a profunda admiración que teño. Seguramente, sen pretendelo, gañouse o afecto, polo menos, de todos os que coñecemos a súa labor. Como este verán, coprotagonizará (hai que contar coa fermosa Silvia) un acontecemento moi importante na vida de calquera, deséxolle todo o mellor do mundo e estou segura de que é un sentimento compartido por todos os usuarios deste blog:

¡ FELICIDADES, PARELLA!.

miércoles, 29 de julio de 2009

¡¡¡ HOXE, QUEPASAENCAMELLE CUMPRE UN ANO DE VIDA !!!


Tal día como hoxe, fai exactamente un ano, o blog de tódolos camelláns e camellanas, quepasaencamelle, empezou as súas andazas no pobo máis fermoso da Costa da Morte, Camelle.

Ao longo deste ano, pasaron moitísimas cousas no noso pobo, cousas boas e non tan boas, que nos fixeron pensar, rir, chorar, recapacitar,etc. e este humilde blog o que pretendíu e pretende, é contar todo isto da mellor e veraz maneira posible.
Este blog, como dí na súa presentación, tratou sempre de ser un lugar de expresión para tod@s, e sen a vosa axuda e colaboración, nunca sería o que é.

A verdade, non vos vou a enganar, houbo moitos momentos que quixen tirala toalla, moitos momentos de dúbidas, presións, ameazas, coaccións... pero polo cariño e devoción que lle teño a este pobo e a tódolos camelláns, sempre pasei as tormentas o mellor que poiden e seguín para adiante, porque hai algo no meu corazón e na miña cabeza que me dí sempre que siga porque me debo a todos vós.
Non vos podedes imaxinar as horas de traballo diante desta pantalla que pasei ao longo deste ano, por iso e antes de nada, quero agradecer a miña parella a súa infinita paciencia por aguantarme e decirlle dende aquí que é a quen máis quero neste mundo.

quepasaencamelle pasou de ser nos primeiros días de vida un blog de amigos, a ser unha referencia no noso pobo en canto a información.
Cunha media diaria de 100 visitantes, con picos de máis de 200 visitas ao día e 280 entradas no que vai de ano, o noso blog serve para que páxinas punteiras da Costa da Morte como quepasanacosta e diariocamariñan publiquen as nosas novas; tamén outras páxinas de Ferrol, Pontevedra e Santiago publicaron algunha nova deste blog, incluso La Voz de Galicia tamén se servíu do noso blog para algunha das súas novas.

Quero agradecervos a tod@s a vosa colaboración desinteresada neste blog, por moi pouca que fose, non vos poido nomear a todos porque seguramente se me esqueza alguén.
Tamén non me quero esquezer de tódala xente camellana que nos sigue dende lugares como Lugo, Pontevedra, Ourense, León, Madrid, Asturias, País Vasco, Canarias, Mallorca, Barcelona, Sevilla, Melilla, Málaga, Alicante, Londres, Suíza e outros moitos lugares.

Quero agradecer especialmente as persoas que colaboraron neste blog dende os seus comenzos como Trenquiño ( por tanta axuda prestada ), Chipirón ( tí désteme a idea de facer o blog ), Guany ( pola túa colaboración e sabiduría ), Revolucionaria ( por tanta información ), Croco ( pola gran axuda prestada ), Chuky ( por ensinarme tanto ), Ubaldinho ( por ser un espello para mín ), Perla ( pola información prestada ), Sabeliña ( por ter esta páxina de favorita ), Camellana e Barrosa ( por seguirme dende o primeiro día ) e Suso de Ferrol, Olveira e Alfonso de Seiruga ( por seguir a páxina diariamente ).

Mimadriña, como me enrolei...!!!, bueno, isto é un recopilatorio do máis visto neste blog ao longo deste ano:

- Vídeos máis vistos ( pinchade nos enlaces si queredes volver a velos ) :




- Novas máis vistas e comentadas :




- Primeiras novas do blog :



martes, 28 de julio de 2009

Historia de Camelle ( II )

Non cremos equivocarnos moito se afirmamos que a orixe do pobo de Camelle non vaia moito máis alá dos principios do século XVII, xa que no ano 1718 só contaba con once ou doce casas e a ermida do Espírito Santo, ampliada e reformada moitísimos anos despois.
Baseámonos para este aserto nun documento no que se relata o memorial de bens do Marqués de Astorga, Conde de Altamira, feito polo seu procurador, Andrés de Amil, o 11 de agosto de 1718.

O noso pobo pertencía todo el ao mencionado Conde que, por falta de pago das rendas, demandou aos seus habitantes en rebeldía.
Fallou o preito a favor do Conde o 21 de febreiro de 1721, enviándose un apoderado, Juan Vázquez do Río, para posesionarse no seu nome de devandito lugar, desposuíndo aos seus moradores dos seus bens, notificándolles "graves penas para que non inquieten a miña parte" e a que lle fixesen pago de todos os froitos que habían rentado desde outubro de 1718... ademais dos miles de maravedises que haberían de pagar por danos e costas.
Dous anos despois, o 17 de febreiro, o Escribano-Receptor con carta executoria do Gobernador e Oidores da Real Audiencia, don Antonio Fernández de Sobrido, dou posesión do apoderado do Conde, o subsodicho Juan Vázquez, de todo o que había en Camelle: casas, leiras, ermida, montes, etc, en cuxo documento está relacionado a "provisión" e no que contamos as once ou doce casas devanditas e todo o que se haxa dentro dun contorno así especificado: "Todo canto se ache nun termo redondo que comeza na primeira demarcación na igrexa do Santi Spiritus, ata a Pena Portela de Canaval e de alí onde din Acibeyro e que segue á Carballa Branca e de alí á Braña de Camelle ata dar no mar no Caudal que se di Sabadelle con todos os bens que haxa dentro desta demarcación".
De todo iso tómase posesión en nome do de Altamira "polo día e polo sol queda e pacificamente sen embarazo nin contradición e mandei que ningunha persoa en devanditas posesións inquiételle nin perturbe, pena de 50.000 maravedises que aplico...".

Logo de nomear cabeza foral a don Domingo Rodríguez, engade: "Devandito lugar e bens hanos de traer ben reparados e perfectados, as casas en pé e cubertas e os territorios e as heredades pechadas e cultivadas de todo o necesario de maneira que vaia en aumento e a renda segura"..."Item que non as han de ceder nin traspasar, vender nin trocar e que en contra hanas de ter xuntas, demarcadas, libres, habidas e recoñecidas por S.E. e os seus estados suxeitos pola especial hipoteca da renda".

En 1870, concretamente o 19 de abril, esténdese redención do foro dos 21 ferrados de centeo polas Excmas. Sras. Mª Eulalia e Mª Rosalía Osorio de Moscoso e Carbajal, Duquesas de Medina da Torre e de Baena, fillas de don Vicente Pío Osorio de Moscoso, Conde de Altamira. Observamos xa no documento de 1718 que os apelidos dos veciños daquel entón eran Tajes, Vázquez, Lema, Mouzo e Carril, que aínda subsisten na veciñanza actual.

Desavinzas entre os habitantes fixo que a partición das terras e montes de Camelle, non levase a efecto ata 1890, desde cuxas datas o pobo adquiriu o seu incremento ao especificarse propiedades nas que libremente puideron edificar.

Fonte : Relato do libro "Costa de la muerte, historia y anecdotario de sus naufragios" escrito en 1979 polo profesor camellán José Baña Heim coa colaboración de sete dos seus alumnos. Traducción ao galego : Marcos O. Baña López

Novas varias

1. Xa son oito os colectivos que rexeitan o macroproxecto de Touriñán.
Greenpeace, ADEGA, Plataforma en defensa da costa de Oia, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma pola defensa do patrimonio de Quilmas, Plataforma de Arou, Asociación A Pergoliña e plataforma veciñal de Camelle e Plataforma veciñal Xove-Lago, asinaron a semana pasada un comunicado no que denuncian a acuicultura industrial.
Para eles, calquer proxecto "macro" é rechazable, estea onde estea e fan unha chamada urxente ao pobo galego para que non permitamos cometer o mesmo erro que o feito en Cabo Vilán.
O comunicado tamén dí que:
- Cambiar Merexo, Seiruga, Camelle, Corrubedo ou Quilmas por Touriñán coma se foran cromos non é unha opción, é unha vergoña.
- A solución pasa pola aposta polos nosos veradeiros recursos, O noso mar, a pesca e o marisqueo artesanal, o turismo, a paisaxe e a cultura mariñeira son os nosos valores que debemos potenciar.
- Os colectivos non dan a espalda á acuicultura, senón que recoñecen que pequenas plantas poden ser beneficiosas para as economías locais, sempre e cando repercutisen nas vilas nas que se asentan.
- Estas plantas ocupan unha grande superficie e xeneran graves problemas de vertidos e de augas contaminadas con antibióticos e moita carga orgánica, que van directamente o mar onde se crian os nosos peixes e os nosos mariscos.
O secretario executivo de ADEGA, Fins Eirexas, dixo tamén que o plan acuícola anterior aínda non foi eliminado, "Eu non diría que estiveran tan confiados ata que se vexa no Doga. A opción segue estando vixente".
Máis info : quepasanacosta, La Voz de Galicia, Anosacosta, ADEGA

- RECTIFICACIÓN DESTA NOVA:
Según me contan da AA VV " A Pergoliña " de Camelle, en boca da súa vicepresidenta, María Xosé, esta nova é falsa.
Ninguén da Asociación de Veciños asinou ningún comunicado, nin tiñan coñecemento destas declaracións.
A Asociación de Veciños só pretende loitar e pelexar polos intereses dun pobo, Camelle, pero ninguén da Pergoliña se manifestou en favor ou en contra de Touriñán.
Polo tanto, piden a inmediata rectificación a asociación ecoloxista ADEGA por difundir un comunicado que a Pergoliña nunca asinou.

2. A Comisión de Festas de Camelle informa:
- A orquestra sorpresa deste venres é JERUSALÉN, a mesma que actuou na festa do Espíritu Santo e que tanto éxito tivo.
- O outro grupo que actuará o venres é ECLIPSE.
Moita xente pensa que é o mesmo grupo que estivo este sábado nas festas de Cereixo e que o fixo tan mal ( a cantante en vez de cantar, parecía que ouveaba, dou fé ), pero non é ese grupo ( nin falta que fai ), é o grupo que estivo en Camelle o ano pasado nas festas do Sacramento.
Máis info : quepasanacosta, diariocamariñan

viernes, 24 de julio de 2009

Fotos antigas

Máis fotos antigas, a primeira ( a dereita ) "Co Padre Abel" e debaixo "Vista do porto".







Foto de arriba ( a esquerda ) "Mocedade" e debaixo o "San José na procesión do Carmen".







miércoles, 22 de julio de 2009

Comezaron os traballos de rexeneración da praia



Este luns, a empresa Ctnes.López Cao, empezou cos traballos de rexeneración da praia camellana.

A empresa fará o traballo por algo máis de 600.000 euros e a duración dos traballos será de cinco meses.

De momento e a día de hoxe, o que fixeron foi traer a area máis próxima ao mar para a parte de arriba da praia, supóñese para trasladala para a súa posterior criba.
Despois da polémica destes meses coa rexeneración da praia por parte dos veciños, da Cofradía de Pescadores de Camelle, de Portos de Galicia e do Concello polo tipo de material con que se vai a traballar e o uso de area do dragado do porto para tal fin, o Concello de Camariñas emite unha nota de prensa informativa.

Nota de prensa do Concello de Camariñas.

Dende o Concello de Camariñas, informamos que deron comezo as obras o luns da rexeneración da Praia de Camelle, promovidas polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño a través da dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e Mar.
A adxudicación fíxose o 2 de xuño a empresa Construccións López Cao, S.L.

O Prazo de execución é de cinco meses e nun principio en contra das opinións vertidas en diversos medios, sempre falsas, e con gañas de contaminar a opinión pública, non se vai a traer area, nin caolín, senón que cribarase a area xa existente, lavarase e utilizarase unha máquina que fará o efecto dun muiño, e que moerá as pedras que superen unha determinada medida.
Con isto creemos dar por rematado os comentarios ó respecto nos que se dicía que o proxecto estaba reformado por outro organismo que nada tiña que ver co adxudicatario desta obra.

Historia de Camelle ( I )

Entre a Punta Percebeira e a rada de Sabadelle, sitúase o pequeno porto de Camelle.
É unha cala que se adentra uns 800 metros aproximadamente cara o sur, cun ancho de 150-200 metros, terminando nunha praia que queda máis de 300 metros ao descuberto en marea baixa.
Pola parte este a súa ribeira é baixa e pedregosa, circundada polo val da Gándara.
A súa marxe oeste, fórmana as faldras dos montes que o Rodeiro baixan ao Océano.
E nelas, e a todo o longo da cala, esténdese o pobo, que chega ata o mesmo peirao.
Dende aquí e mirando cara a dentro ofrece unha paisaxe semi-alpino.
A fera entrada do seu porto péchana os baixos da Punta e a famosa Pedra do Porto, entre as cales só queda un pequeno e difícil canle de paso.
Logo, o Océano aberto e impetuoso.

UN INFERNO DE FERMOSURAS
Un pobo atopéi no meu camiño,
no meu pelengrinar pola nai patria;
e iste anaco de inferno e paraíso,
por sempre quedóu xa na miña ialma.
Iste oasis de xentes feiticeiras
abrangou no meu esprito desmaiado,
unha doce mañán de primaveira.
Mais a fala das verbas dos calados,
as viudas dos vivos nas lareiras,
i os rostros senlleiros e pechados,
déronme a comprender a miña veira.
¡Cantarche hei, Camelle, na doce mañán!
¡Cantarche hei, Camelle, tristeira serán!
Pelengrino, si buscas a Galicia,
ven ollar este pobo agarimeiro;
non pretendas atopar só fermosuras;
ven, olla a Camelle, todo enteiro.
Mais si buscas somentes moito verde,
si pretendes alcontrar unha lareira,
un piorno, ou un chan de frolituras,
volve a casa e revisa a tua concencia.
Atopache a Galicia verdadeira;
a Galicia da eixada e dos arados
e da vida do inferno nas mareas.
A Galicia de sempre de por vida;
a Galicia que sofre pracenteira.
¡Cantarche hei, Camelle, na doce mañán!
¡Cantarche hei, Camelle, tristeira serán!
( Xavier Landeira )

Fonte : Relato do libro "Costa de la muerte, historia y anecdotario de sus naufragios" escrito en 1979 polo profesor camellán José Baña Heim coa colaboración de sete dos seus alumnos.
Traducción ao galego : Marcos O. Baña López

martes, 21 de julio de 2009

Cartel das Festas do Carmen







Xa temos o bosquexo do cartel das ansiadas Festas do Carmen 2009.

Aínda está sen rematar, xa que faltan cousas por correxir, pero máis ou menos quedará desta maneira.

Gracias a Perla por mandarnos o bosquexo do cartel para que os camelláns vexámolo antes que ninguén.

Os relatos de Guany

Novo relato da nosa querida colaboradora, Guany, no que nos fala da delincuencia, dos galegos e de " Pata de pau ".

Cousas da nosa costa.
Esta última semana, houbo acontecementos destacables pola nosa terriña, que non deixan impasible a ninguén.
O primeiro deles, ocorrido en Camariñas coa detención de certas persoas. Certamente, lamentable.
A ninguén nos gusta que os nosos veciños aparezan nos medios de comunicación por tales feitos. Somos xente orgullosa, tanto da nosa terra como dos seus habitantes e hai una especial sembiose entre os nosos pobos mariñeiros cos que tanto nos identificamos os camelláns porque compartimos unha maneira de vivir.

Os galegos temos fama de xente honrada e traballadora; poderíase dicir que alí donde viven deixan a súa sinal, normalmente eloxiable.
Parece que alguén perdeu a cabeza nos últimos anos. Para calquera persoa con certos principios, é moi dificil entender que, por unha vida acomodada, se asuma tan alto prezo (a destrucción de familias enteiras nas que algún membro está afectado desa auténtica epidemia, que está padecendo a sociedade).
Á xente que protagoniza estas noticias, compadézoos neste momento porque non lle desexamos o mal a ninguén pero quen me conmove, verdadeiramente, e a súa familia, que anda coa cabeza inclinada sen ter culpa ningunha e diríalle que hai outras fórmulas diferentes de benestar como poden ser a de durmir coa concencia tranquila.

A outra noticia está no extremo oposto: enorme esperanza polo cariz que parece levar o asunto das piscifactorias nos pobos que non a queremos.
Como, sabiamente, di o noso Man particular, haberá que esperar para celebrar o evento como corresponde.
Tamén festexaremos o fracaso de todos aqueles que contaban cun bo pastel á costa dos nosos terreos, alegando, estúpidamente, que viñan a paliar o desemprego local, como se fósemos imbéciles.
Se a noticia se confirma, vailles quedar unha cara de rodaballo de moito cara..llo.
Aos de Camelle non nos gustan os piratas, sobre todo aquela que leva tempo como abandeirada dese porco plan.
Consideramos que se gañou, co seu esforzo inútil, o sobrenome de "Pata de Pau", como diría Sabina.

lunes, 20 de julio de 2009

Verán camellán





Este sábado pasado, en Camelle pasaron moitas cousas.

O Circo Claudios instalou a súa carpa na explanada da praia e polo noso pobo poidéronse ver animais exóticos como un dromedario, un hipopótamo, cabalos, ponys e incluso tigres, para a ledicia dos máis pequenos, e non tan pequenos.

Pola tarde, chegou unha concentración de motos que proviña de Laxe e o noso pobo foi invadido por este medio de locomoción de dúas rodas, con case 200 motos.
Un día para non esquecer.

Info acuicultura

1. Marisol Soneira pide que se retome o Plan de Acuicultura.
Pide que se poña en marcha " como reactivo económico fronte a crise en territorios como o da Costa da Morte, necesitados de investimentos e creación de emprego ".
Marisol Soneira está convencida de que as modificacións anunciadas pola Xunta de Galicia ao Plan Galego de Acuicultura xeran un “serio risco de perder a posición predominante de Galicia no mapa do sector a nivel español e internacional”.
Acusou ao executivo autonómico de estar máis interesado en saldar vellas débedas co goberno anterior que con poñer en marcha o devandito Plan.
Diante das manifestacións do PP en favor de retomar o proxecto da planta acuícola de Touriñán, a deputada camariñana preguntou cal foi o criterio para a implantación das empresas acuícolas, se “as presións de persoas manipuladas en moitos casos polo PP, os valores medioambientais ou o capricho político”.
Máis info : La Voz de Galicia e anosacosta

2. Cultura pide datos e información ao PX sobre Sabadelle.
Uns días despois de que o portavoz parlamentario do PP, Manuel Ruiz Rivas, anunciase en Camariñas que están descartadas a construción das piscifactorías de Camelle e Seiruga, así como a ampliación de Merexo, a Xunta pregunta de novo polo Patrimonio no lugar de Sabadelle.
O xefe de servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural, Roberto Pena Fuentes, solicitou o grupo ecoloxista PX de Ponte do Porto datos sobre o casal de Sabadelle para evitar posibles danos ante o proxecto acuícola.
Se ben Patrimonio apunta que non se solicitou permiso de contrución da planta (agardemos que non o pida nunca), Patrimonio quere ter a información completa.
Así na carta expoñe que “nesta Dirección Xeral de Patrimonio se recibiu unha denuncia relativa ao proxecto de instalación dun parque acuícola denominado Xandriña en Sabadelle, Concello de Vimianzo no contorno dunha casa nobre con escudo do século XVI. Ata o de agora non hai constancia de ningunha solicitude de autorización de construción do devandito proxecto. De cara a unha posible solilcitude de autorización e para a adecuada tramitación do expediente, solicitámosllle a localización exacta nun plano ou foto aerea da edificación, e fotos das fachadas da edificacion”.
Ante esta solicitude o PX entende que:
- Ante esta solicitude é evidente que os promotores do proxecto Xandriña non informaron a Cultura do mesmo, nin da existencia de bens no espazo, e mentían cando dicían que non había constancia de denuncias sobre valores culturais e naturais.
- Que a pesar de que a denuncia de PX foi feita en tempo e forma no 2008, non se lles comunicou nada referente a mesma ata a entrada do novo goberno.
Con todo, o grupo PX pecha o informe e non ten pensado aportar novos datos.
PX dá así por finalizada esta denuncia, como as presentadas en Medio Ambiente, Defensor do Pobo e ante a Unión Europea ó entender que públicamente a Xunta de Galicia desestimou os proxectos de Xandriña, Seiruga e Merexo.
Máis info : quepasanacosta

3. Mar pretende axuntar os plans acuícolas de 2005 e 2008 para non perder investimentos.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegura que revisará o Plan Galego de Acuicultura do Goberno bipartito, aínda que descartou elaborar "un novo" ao considerar que suporía "volver atrasar" o desenvolvemento de proxectos na comunidade.
A titular da Administración pesqueira galega encargou un informe aos servizos xurídicos do seu departamento para "axuntar" os criterios dos plans acuícolas de 2005 e 2008 a fin de non perder investimentos das empresas interesadas.
Quintana responsabilizou ao PSdeG de "xerar un problema" ao trasladar á sociedade que non se podían implantar piscifactorías en espazos da Rede Natura.
"Vendeuse a imaxe de que unha piscifactoría contamina e esnaquiza o medio ambiente", sinalou para soster que este argumento provocou un rexeitamento social aos proxectos acuícolas e, por iso, "desmoralizou" aos empresarios.
"En todas as zonas nas que agora se pode construír unha planta hai algunha asociación en contra dese plan", apuntou a conselleira, que entende que a un empresario "non lle guste comezar a desenvolver un proxecto nunha zona na que sabe que vai ter problemas". Ao seu xuízo, a actividade acuícola é compatible co respecto ao medio ambiente se se establecen "medidas correctoras".
Máis info : La Opinión

viernes, 17 de julio de 2009

Fotos antigas




Xa que a Festa do Carmen está moi próxima, déixovos unhas fotos antigas das procesións do Carmen no noso pobo.

jueves, 16 de julio de 2009

Relato camellán


Isto é un fermoso relato escrito por unha camellana e que vai adicado a tódolos nen@s de Camelle pola experiencia maravillosa que conleva o ter un " PEQUENO GRAN COLEXIO " no noso pobo.

Pois ben...! ata aquí chegou o curso.
Para algúns... un ata logo, e para outros un " ATA SEMPRE " moi grande.
Porque sí, meus pequenos, estades a piques de dar " UN PASO IMPORTANTE ", un deses tantos pasos que vades ir dando ao longo das vosas vidas.
Os que irán formando esas persoalidades pequeniñas, e os que vos irán convertindo en adultos.
Este colexio é pequeno... é certo... !, pero iso, precisamente, é o que o fai moi especial.
Aquí estamos todos como se fósemos unha familia, todos vos coñecedes e sodes amigos.
Pero do que si estamos seguros é de que as experiencias aquí vividas sempre as levaredes nos vosos corazóns.
Coma ese bebé, cuios pais lle ensinaron a dar o seu primeiro paso, ou a decir a súa primeira palabra; aquí víchedes as primeiras letras, os primeiros números, e en cada letra que leades no percorrer das vosas vidas, estareds espertando o " ESPÍRITU DESDE COLEXIO ", estaredes chegando as súas entrañas.
Aquí nacíchedes e abríchedes os ollos..., a mente..., agora xa estades preparados para continuar.
Vós xa sodes parte da súa historia, e... como non... él formará sempre parte das vosas vidas.

E cando falo de colexio, refírome tamén as súas MESTRAS, que son a súa ALMA.
Elas son as que lle poñen voz, ollos e mans... ELAS son as que fan que cobre VIDA!.
En cada unha das súas paredes, dos seús pupitres, dos seus libros e incluso das súas escaleiras, quedearán grabados os vosos pasos, as vosas risas e a vosa inocencia.
Porque os nenos sodes especiais tanto que... xa veredes... votaravos de menos, como votou os outros tantos nenos que por aquí pasaron.
Como unha nai que vota de menos a un fillo que xa... sabe... CRECEU! ... e é de como din os nosos vellos... É LEI DE VIDA!.
Ides para un Centro máis grande e seguirades correndo..., rindo..., e apoiarédesvos uns ós outros porque como os irmáns, vós saíchedes do mesmo ventre, do ventre do "COLEXIO DE CAMELLE".

Pertencedes a mesma Xeración e cando sexades adultos, alá onde vos atopedes, as vosas lembranzas traeranvos ata aquí de novo, porque ¿quen non dixo algunha vez... ? "Fomos xuntos a escola...".
De aquí sairon moitos dos vosos pais, e ... secadra sairán os vosos fillos.
Entre todos manteremos viva a "maxia" deste "PEQUENO GRAN COLEXIO", que vos ensinou, entre outras moitas cousas, valores coma: AMIZADE, COMPAÑEIRISMO, e sobre todo...HUMILDADE.
AH.., e non vos olvidedes que sempre quedará ese pequeno DUENDE... ¿Cómo se chamaba?.... ah... sí.... PEBILI, vixiando que ninguén vos olvide e de que aquí queden as vosas raíces.
Abonda mirar para vós e ver ese sorriso nas vosas caras para saber que aquí fostes moi felices.
SORTE E ATA SEMPRE, CAMPEÓNS!!!.
Vicky Búa.

miércoles, 15 de julio de 2009

Info piscifactorías


Levo moito, pero moito tempo, desexando publicar esta nova no blog :
A XUNTA DE GALICIA ANUNCIA A ANULACIÓN DAS PISCIFACTORÍAS DE CAMELLE, SEIRUGA E A AMPLIACIÓN DE MEREXO.
.
Así o dixo onte, o portavoz parlamentario do PP, Manuel Ruíz Rivas, nunha xuntanza celebrada onte en Camariñas co Grupo Parlamentario do PP, cos alcaldes da zona e presidentes locais do partido.
A conclusión máis importante foi o acordo para impulsar no Parlamento o Proxecto Acuícola de Touriñán, coa decisión de Pescanova de retomar o proxecto.
Manuel Ruíz asegurou onte que as plantas acuícolas previstas en Camelle,Seiruga e Merexo non se levarán a cabo e desaparecen dos plans futuros da Xunta.
O responsable popular dixo que a Xunta de Touriño eliminou proxectos en zonas nas que os demandaban alcaldes e veciños e puso outros donde non os quería ninguén.
Apuntou tamén que a Costa da Morte é un referente e un lugar idóneo para a acuicultura.
.
Agora esperemos que este anuncio sexa publicado o antes posible no DOGA e poidamos todos ( ou case todos ) festexar a supresión da piscifactoría cunha gran festa cos nosos compañeiros de Seiruga e Merexo.
Despois de dous anos de loita, de berrar, de sudar, de traballar, de manifestacións en Santiago, en Merexo, en Malpica, en Carballo, en Vimianzo, en Arzúa, en Camariñas, de peregrinar a Virxe da Barca en Muxía, de pegar carteis, de chorar, de madrugar, de andar, de facer pancartas e cruces, do enterro da Xandriña, de disfrazarse, de xuntanzas con varios políticos, de facer comparsas, camisetas e sudaderas, páxinas webs, bandeiras, atrezos, entrevistas, poñer cartos do noso bolsillo, contratar un avogado, etc. parece que este pesadelo está chegando ao seu fin.
Tamén quero lembrar a varios políticos como Touriño, Carmen Gallego, Anxo Quintana, Antonio García, Pichurri e varios dos seus concelleiros, e en especial a Marisol Soneira, que hai que escoitar ao pobo, xa que é soberano e é quen decide.

martes, 14 de julio de 2009

Os relatos de Guany


Novo relato de Guany, hoxe fala das ansiadas vacacións.

As vacacións dos pobres.
Todos aqueles que teñen a sorte de traballar, esperan como auga de maio as vacacións para sair das rutinas, coñecer outros lugares, trasnoitar por aí sen preocuparse do reloxo ou “tirarse á bartola”.
Moitos teñen a sorte de facer o que queren, dende aqueles que arriscan a súa vida nos sanfermíns ata os que elixen un lugar paradisíaco alende os mares.

A maioría dos mortais facemos o que podemos, desde ir á casa dos pais (aforro máximo) ata viaxar a un lugar que estea dentro dun radio de 300 km. evitando os traxectos de autopista. Destino: un camping ou apartamento de aluguer.
A casiña non é o que parecía e o WC semella a un cadro surrealista con predominio da cor marrón. Volves á casa algo chafado.

Os privilexiados, co seu billete de avión na man, chegan a eses lugares, supostamente idílicos cos que tantos mortais soñamos; gozando de todo tipo de praceres e coñecendo outras culturas….. ¡Mi madriña, que gusto debe dar!.
Outros optan polas viaxes culturais, visitando históricos monumentos aínda que cheguen cos pés cheos de bochas.

A peor parte desas viaxes marabillosas lévamola os de sempre: receptores pasivos do resume das experiencias vividas polos protagonistas con todo luxo de detalle, acompañadas de certas escenificacións –o viaxeiro trata de explicarnos, cos ollos en branco, toda a felicidade vivida-.

Cando levas, polo menos, media hora de ointe e quixeras escapar aínda que sexa picar pedras , o amiguete pasa a fase seguinte: amosarche o video ….. Xa non podes máis. Se o deixas coa palabra na boca, quedarás igual cá un porco. Non tes escapatoria; tes que aguantar o chaparrón.
Despois de veraneares coa fiambreira no coche e escorado nunha cadeira escoitando ao amigo, consideras que mereces ver alguna vez a Torre de Londres sen contarllo a ningúen.

lunes, 13 de julio de 2009

Novas varias

1. A Garda Civil, en colaboración coa Policía Local de Camariñas, desarticularon unha banda adicada a venda de droga en Camariñas.
Seis persoas detidas, cinco quilos de estupefacientes, e 90.000 euros en metálico é o balance dun novo golpe contra o narcotráfico en Camariñas.
Os seis detidos, con excepción dun home nacido en 1955, son todos mozos coñecidos na localidade con idades comprendidas entre os 21 e os 28 anos.
Entre eles, atópanse dous dos irmáns Pasantes Pasantes, que xa teñen antecedentes familiares no tráfico de drogas.
Non en balde, Andrés, outro dos irmáns, atópase cumprindo unha condena de cárcere por este mesmo motivo.
Tamén hai dúas mulleres, V. M. C., e L. L. A., nacidas en 1981 e 1987, respectivamente.
O outro detido é un mozo nado en 1985, que responde ás iniciais C. P. C.
Segundo as mesmas informacións aos detidos impútaselles un delito contra a saúde pública.
Dos cinco quilos incautados a maioría eran de haxix.
Este material pode ter relación cos fardos arroxados desde o Iriana fai uns meses.
Máis info : La Voz de Galicia

2. A Comisión de Festas de Camelle xá está a vender as rifas das Festas do Carmen.
Por unha parte, sortéase unha fin de semana nun balneario e por outra un porquiño xá criado.
O prezo é de un euro cada rifa.

3. O circo Bruselas estará este sábado 18 de Xullo e domingo 19 en Camelle.
As funcións serán as 8 da tarde e o prezo é de 8 euros para os nenos e 10 euros para os adultos.

4. Tendes na parte de abaixo do blog, unha nova galería de fotos.
Estas fotos sacadas este sábado pasado, percorren a costa polo mar dende Camelle ata praia de Trece, pasando por Arou, Lobeiras e Santa Mariña.
Paisaxes, rochas, praias, covas, pedras, etc. mistúranse co mar, neste paseo pola costa dende outra perspectiva.

Info Fundación Man

Nota de prensa da xerente da Fundación Man, Sabela Mariñas.

Man escribe á Cancillería alemá.
O museo Man de Camelle concluíu unha fase moi importante para descifrar ao eremita da Costa da Morte: todas as cartas persoais e oficiais, todos os documentos persoais e oficiais foron traducidos e clasificados.
O material arroxou luz sobre aspectos insospeitados de Man de Camelle.
Por exemplo, Man escribiu polo menos tres veces á Cancillería alemá en torno ao terrorismo e a violencia:
1) Carta datada o 13 de decembro de 1973 ao chanceler Willi Brandt.
Man proponlle ao chanceler Brandt que adiante unha iniciativa mundial para asinar un tratado de desarmamento.

2) Man recibe da Cancillería Alemá unha carta, datada o 10 de abril de 1975.
A carta enviada por Man, motivo desta resposta, lamentablemente non se atopou (ao momento de enviar este artigo esperamos resposta da Cancillería Alemá, queremos saber se aínda existe esa carta e cal é o mecanismo, se o hai, para obter unha copia).
Polo que se infere na misiva, Man expresa o seu desacordo ante a decisión do goberno, no caso do secuestro do candidato á alcaldía de Berlín pola democracia cristiá (CDU) Peter Lorenz.
Dous días antes das eleccións municipais en Berlín, o movemento terrorista " 2 DE XULLO " secuestra a Lorenz camiño á súa oficina.
Os terroristas piden a liberdade de seis compañeiros que se atopan nos cárceres alemáns.
O goberno do socialdemócrata (SPD) Helmut Schmidt, en consenso con todas a forzas políticas acepta a petición dos secuestradores.
Os detidos parten libres e riseiros para Iemen.
A decisión produciu unha gran polémica en Alemaña, moitos cidadáns argumentaron que foi un mal sinal, unha mostra de debilidade do Estado, unha claudicación ante o terrorismo.
Os feitos pareceron concederlle a razón a quen criticaron a decisión.
O secuestro como forma de presión política fíxose moeda de curso corrente e tivo o seu punto álxido en 1977, durante o chamado " Outono Alemán ".

3) O 30 de outubro do 77, a propósito do tráxico " Outono Alemán ", Man pide ao chanceler Schmidt man dura cos secuestradores.
O 13 de outubro, a Fracción do Exército Vermello (RAF), tamén coñecida como a banda Baader-Meinhof secuestra ao presidente da Cámara de Empresarios Alemáns, Hanns Martin Schleyer. Ao mesmo tempo, un avión de Lufthansa que viaxa de Mallorca a Francfort do Meno é secuestrado por un comando palestino.
Ambos grupos de secuestradores esixen a liberdade de dirixentes da RAF.
Esta vez o goberno alemán non acepta o pedido dos secuestradores e comandos especiais asaltan o avión de Lufthansa en Mogadiscio e liberan aos reféns.
O grupo que retiña a Schleyer asasínao dun tiro na cabeza.
Esa mesma noite no cárcere de alta seguridade Stammheim, os dirixentes da RAF Jan-Carl Raspe, Gudrun Ensslin e Andreas Baader suicídanse.

Parece mentira que o eremita da Costa da Morte se preocupase de semellantes temas.
Con todo, a medida que nos internamos nos seus escritos, imos descubrindo a un Man contraditorio, por unha banda místico; pola outra, tremendamente terreal.
Estas e outras cartas están á disposición do público, e sobre todo dos investigadores e xornalistas que queiran internarse no mundo que transitou este singular artista: entre a realidade e o mito; entre a inocencia e a consciencia.
Sen embargo, advertimos a quen se atreva a indagar no eremita de Camelle: resulta inquietante para moitos descubrir que dentro de cada un de nós, da xente que nos acusamos de "normais ", vive un Man, tan quimérico como realista.

Por outra banda, está pensado comezar coa documentación e catalogación de todo o museo de Man mentres non se decidan a dar os permisos, para poder evitar que o museo se veña abaixo.
Axiña que se comecen nestes traballos, faremos unha limpeza rigorosa no museo, que penso que será en dúas semanas, e tamén adicaremos unha noite a mirar as estrelas cun grupo de rapaces que se adican á astronomía e están dispostos a colaborar totalmente de balde.
As datas dá limpeza e do día adicado á astronomía publicareinas no blog " que pasa en camelle " e noutras webs da costa da morte, sinto non poder darvos a data pero non depende de nós.
A priori, todo parece un continuo ir e vir de inconvintes, pero teño a esperanza de que pronto teremos resposta por parte de tódalas administracións.
Por outra banda decirvos que a Fundación Man está buscando voluntarios e voluntarias que estean dispostos a evitar un maior deterioro do museo.
Se tedes calquera dúbida non dudedes en contactar connosco.
Un saúdo.
Sabela Mariñas García.

Actividades programadas na Casa da Cultura:
XULLO :
- EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA SUBACUÁTICA ( 1-30 de Xullo )
- EXPOSICIÓN MAN, UN HOME UN ARTISTA, UNHA LENDA ( traballo fotográfico de Manolo Pose)

AGOSTO :
- EXPOSICIÓN DE SIRO LÓPEZ ( 1-24 de Agosto )
- EXPOSICIÓN MAN, UN HOME UN ARTISTA, UNHA LENDA ( traballo fotográfico de Manolo Pose)

SEPTEMBRO :
- EXPOSICIÓN DE LUÍS CASADO
- EXPOSICIÓN MAN, UN HOME UN ARTISTA, UNHA LENDA ( traballo fotográfico de Manolo Pose)

viernes, 10 de julio de 2009

Deportes de aventura en Camelle


O noso amigo e usuario deste blog, Cantoná, non para de argallar ideas relacionadas co que máis lle gusta, a aventura.
Nesta ocasión, él mesmo fixo de forma artesanal este espectacular kaiak de mar.
.
Os kaiaks ou piraguas de mar ( orixinarios de Alaska ) son pequenas embarcacións mariñas con cuberta onde o remador vai sentado no interior e semicuberto por un faldón propulsándose cun remo de dúas follas.
Na actualidade, o kaiak abarca varias disciplinas : augas brancas, surf, olímpico, polo, etc. e reúne millóns de fanáticos en todo o mundo.
O kaiak de mar é a súa manifestación máis aventureira e de contacto coa natureza, que á vez combina as esixencias e coñecementos de varias disciplinas como navegación, orientación, excursionismo, etc. co espírito contemplativo da viaxe e a exploración.

Como vemos nas fotos, algúns intrépidos probaron o kaiak no peirao camellán con distinta sorte, xa que houbo algún que lle dou volta a embarcación e as pasou canutas para salir a flote.
Noraboa ao noso capitán de barco, Cantoná, pola súa iniciativa e esperemos que no futuro navegue con barcos máis grandes.

jueves, 9 de julio de 2009

Fotos camellanas



Aínda que as dúas últimas fotos non son camellenas, foron feitas por un camellán ( por mín ) no asalto ao castelo de Vimianzo o sábado pasado e no que participaron varios camelláns, ou sexa, que teñen relación con Camelle e quería compartilas con vós pola súa gran beleza ( podedes pinchar nas fotos para velas en grande ).

miércoles, 8 de julio de 2009

Os relatos de Guany


Novo relato da nosa querida colaboradora, Guany.

A “devastación” da nosa costa.
Falamos e escribimos tanto sobre o asunto do plan que pretendía implantar a puñetera piscifactoría en Camelle, que xa apenas nos quedan palabras que engadan nada novo ao que levamos dito.
Reiterámonos, unha vez máis no que é case un lema no noso pobo: NON QUEREMOS PISCIFACTORIA, goberne quen goberne.
Non nos fiamos de ningún falabaratos, que careza dun mínimo de sensibilidade e respecto cara a xente de Camelle, aínda que nos veñan con contiños chineses.

É unha mágoa que xa non creamos nos milagres de San Campio: as persoas que amosaban un comportamento estraño, levábamos alí para que, mediante un ritual, lle quitasen o demo do corpo.
Esta era unha das historias que me contaba a miña avoa , vividas na súa adolescencia.
A evolución da sociedade fixo desaparecer aquelas crenzas.

Moitos rituais dese tipo (ou exorcismos, supoño) foron substituidos polo Valium ou productos semellantes, pero,(e a bo entendedor, sobran palabras), hai persoas especialmente interesadas en “intervir” no noso pobo, que se aferran as posibilidades que Camelle lles poidan dar (que non ofrecer) , coma as mesmas lapas.
Algúns deberían ir a San Campio porque o demo no corpo podería ser, perfectamente, unha obsesión desagradable.

Blogs " Made in Camelle "


A rede cibernética en Camelle non para de medrar.

Acábase de crear un novo blog moi interesante no noso pobo, chamado " Os contos dun vello " ( pinchade no enlace para acceder ao blog ).
Este blog creado por Manuel ( Lelo ), intenta recuperar con nostalxia, os contos que nos contaban os nosos avós.

Manuel pídenos que lle mandemos esos contos e relatos dos nosos avós, para intentar que non se perdan e así poder compartilos con todos e recuperar lembranzas do pasado( podedes mandalos a contosdelelo@gmail.com ).
A verdade é que a mín paréceme unha moi boa iniciativa e espero que siga para adiante, pero para iso, tendes que colaborar e mandar os vosos contos, para poder velos e comentalos todos nós.

Non me quero esquecer tampouco de outro blog camellán/vasco dos nosos amigos Mario e Lidia, que seguen ao pé do cañón coas súas novas de actualidade e que medra día a día ( Blog de Mario e Lidia ).

martes, 7 de julio de 2009

Info acuicultura

O sábado pasado, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, dixo nunha cea co PP de Muxía que os veciños de Merexo podían estar tranquilos coa ampliación da piscifactoría, xa que non se fará.
O mesmo tempo, a Xunta anunciaba onte a potenciación da acuicultura como actividade de futuro e de xeración de emprego.
A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, dixo que esta potenciación pasará por riba das paraxes protexidas, como Rede Natura, e que apurará a construcción da granxa de Touriñán.
Tamén dixo que apoiará a calquer empresa que queira construir ou ampliar granxas de peixes.
Da Xandriña, de momento, non dixo nada.

Por outro lado, Greenpeace acaba de facer un informe sobre a destrucción da costa en España e dí que a Costa da Morte é o referenta da devastación do litoral.
A entidade ecoloxista tamén denuncia que Galicia conta con 17 Espacios Naturais Protexidos, "pero de nada serve protexer baixo un marco legal se, como no caso do ENP da Costa da Morte, preténdese construír unha piscifactoría de 300.000 metros cadrados, en pleno espazo protexido que forma parte da Rede Natura 2000 europea".
Máis info : quepasanacosta e La Voz de Galicia

Vídeo de Greenpeace :

Nota de prensa do Ministerio de Medio Ambiente


Ao final, según parece, nin escoitaron a Cofradía de Pescadores nin ó pobo de Camelle e as obras de rexeneración da praia faránse según o proxectado anteriormente e non se usará a area dragada do porto para tal fin, esperemos que alo menos quede bén e empecen o antes posible.

NOTA DE PRENSA DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE :

El Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, ha adjudicado las obras de regeneración de la playa de Camelle, en el término municipal de Camariñas (A Coruña)
Con esta actuación que se enmarca en el Plan E del Gobierno para dinamizar la economía y el empleo se crearán 27 puestos de trabajo.
Los objetivos a cumplir con las actuaciones de regeneración previstas se resumen en la limpieza de las arenas de la playa seca, con retirada de todos los residuos sólidos mezclados con la arena que serán depositados en vertedero autorizado.

El Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, a través de la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar, ha licitado las obras de regeneración de la playa de Camelle, situada en el término municipal de Camariñas (A Coruña).
La inversión prevista de esta actuación es de 602.221 euros y la empresa adjudicataria ha resultado ser Construcciones López Cao, S.A..
Con estas obras se crearán 27 puestos de trabajo.
El proyecto tiene por objeto la regeneración de la playa de Camelle, en el término municipal de Camariñas (A Coruña).

La playa de Camelle es una playa urbana de origen fluvial, de unos 300 metros de longitud y 105 metros de anchura media.
Esta playa actualmente presenta poca afluencia, pero posee mucho potencial para su uso lúdico debido a la tranquilidad de sus aguas.
Por tanto, se creen necesarias actuaciones de limpieza y, en general, de condicionamiento de la misma facilitar su uso.
La playa de Camelle tiene, en general, una pendiente media de 1.3% y está constituida por arenas medias.
Estas arenas tienen una distribución granulométrica muy heterogénea.

Los objetivos a cumplir con las actuaciones de regeneración previstas se resumen en la limpieza de las arenas de la playa seca, con retirada de todos los residuos sólidos mezclados con la arena que serán depositados en vertedero autorizado.
La actuación planteada tiene por objeto la criba de la arena de la playa, con retirada de materiales cuyo tamaño supere los 2 milímetros y la sustitución de los mismos por arenas de cantera de tamaño en torno a los 0.6 milímetros.
Se llevará a cabo el cribado de 42.920 metros cúbicos de arena y se procederá a la aportación de un volumen de arenas de 9.500 metros cúbicos.

La existencia de la salida de la canalización del río en la franja intermareal occidental favorece la erosión local del perfil de playa en esta margen y la aportación de finos en la zona de encuentro del agua dulce procedente del río y el agua salada.
Para dar solución a este problema se prolongará la canalización 100 metros hacia el mar mediante una canaleta a cauce abierto de mampostería, continuando el trazado por el exterior del talud del paseo existente.

Estas actuaciones forman parte de las inversiones del Plan E (Plan Español para el Estímulo de la Economía y el Empleo) del Gobierno, que en colaboración con las comunidades autónomas y ayuntamientos de las zonas afectadas, realizan las intervenciones necesarias para la regeneración de la franja litoral, respetando las características medioambientales y paisajísticas de cada zona y facilitar el uso y disfrute de la costa a todos los ciudadanos.

lunes, 6 de julio de 2009

Info Comisión de Festas


A nosa Comisión de Festas xa está a traballar sen parar para as vindeiras e esperadas Festas do Carmen ( xa falta menos de un mes ).

A Comisión de Festas pídenos ideas e suxerencias a tódolos camelláns e aos lectores deste blog para estas festas ( concursos, xogos, deportes, etc. ) así que xa lle podedes ir dando traballo as vosas neuronas, para entre todos, sacar ideas orixinais.

Xa hai unha gran proposta que se vai a levar a cabo ... A regata de lanchas.
A esta brillante idea fanlle falta participantes ( de momento soamente hai un apuntado ), polo que tódolos que esteades interesados neste concurso, só tendes que comunicarllo a calquer membro da Comisión de Festas ou mandarme a mín un e-mail ( sienfuejos@hotmail.com ) cos vosos datos.
As lanchas teñen que estar feitas de maneira artesanal ( similar as carrilanas do río Anllóns, en Carballo ou as que se facían antigamente no río da Ponte ) e valorarase a orixinalidade, a vestimenta dos tripulantes e como non, o que chegue antes á meta ( haberá premios para os gañadores ).

Para axudar a recadar fondos para estas festas, este venres día 10 de Xullo tócalle o turno o Bar Goma para facer a cea.

O menú da cea é o seguinte :

- Canapés variados

- Cóctel de gambas

- Churrasco e chourizos

- Pinchos de frutas

- Xeado

- Pan, refrescos, viño, café e festa da sangría

O prezo desta fantástica cea é de 20€ ( igual que as anteriores ) e comezará as dez da noite.

A Comisión tamén está a facer unha guía de teléfonos ( de Camelle, Arou, Santa Mariña, Ponte do Porto, Carnés, Cereixo e Xaviña ) na que se poñerá a publicidade dos negocios e empresas que colaboren, polo que si algún negocio ou empresa está interesado en salir nesta guía, que llo comunique a alguén da Comisión ou me mande un e-mail.

Por último, si hai xente que estea fora e queira dar un donativo, pode facelo na conta da Asociación Cultural " Festas de Camelle ".

O número de conta é o seguinte :

2091-0076-16-3040001391

A Comisión de Festas agradece por anticipado a toda a xente que colabora económicamente nestas festas, por moi pouco que sexa; tamén agradece aos veciños que participan nas ceas e a toda a xente e negocios que participan coa súa axuda.

Eu tamén quero deixar publicada aquí unha frase que me dixo Perla fai pouco :

" Este ano, as Festas do Carmen de Camelle ninguén as esquecerá, ninguén ".

viernes, 3 de julio de 2009

jueves, 2 de julio de 2009

Actividades programadas da Fundación Man

A Fundación Man segue programando actividades, neste caso, para este mes de Xullo.


1. Este sábado día 4 de Xullo, inagúrase na Casa de Cultura camellana, unha exposición de fotografías subacuáticas ( Motivos do mar, fauna e flora da costa galega ) feitas polo especialista en fotografía submarina e varias veces campión galego nesta especialidade, o coruñés Manuel Blanco Ventureira.
As fotos estarán expostas ata o vindeiro día 30 de Xullo.


2. O martes día 7 de Xullo ( San Fermín ), as 12:00 da mañá e tamén na Casa de Cultura, unha especialista do Sergas dará unha charla-coloquio sobre métodos anticonceptivos.


3. A Fundación Man precisa de axuda humana, e busca voluntari@s para diversas tarefas, como a limpeza e protección da Casa de Man, etc.

Se queres máis información ou participar como voluntari@, pregunta na Casa de Cultura de lus a venres ( de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 ) ou ben nos teléfonos 981-710224 / 625974014 ( Sabela ).

miércoles, 1 de julio de 2009

Os relatos de Guany


Novo relato da colaboradora deste blog, Guany, no que fala sobre a nosa Asociación de Veciños e a Asociación Cultural Festas de Camelle.

" CAMELLE con maiúsculas ".
O comentario de hoxe dedícoo á Asociación A Pergoliña e a Comisión de Festas que organizaron as festas os pasados días 20 e 23 na praia.

Vendo a actuación de Paco " & compañía" o día 20, concretamente, quedeime abraiada polo seu sentido do humor, que xa lle parece vir de familia; as Pandereteiras, o Kilombo, a sardiñada.... Madialeva (boísimos ao meu parecer) e unha morea de xente colaborando con verdadeiro entusiasmo.

A Pergoliña é, sen dúbida, o artífice da revitalización que está sucedendo en Camelle co apoio, prácticamente total, dos camelláns e a colaboración impagable de persoas puntuais, como Perla, que conseguen unhas festas impresionantes, tendo en conta que se trata dunha poboación pouco numerosa. Non sei se cada habitante vale por cinco ou aqui prodúcese aquilo da multiplicación dos pans e os peixes porque senón non me cadran as contas.

Todo isto, sería impensable hai un tempo. A partir de certo momento no que tivemos que comezar a protexernos daqueles persoas nas que, previamente, confiamos, producíuse case unha metamorfose nas relacións interpersoais. Os camelláns percatámonos de que a única maneira de que nos escoiten é expresarnos xuntos, pero non só iso.

O demais, ven todo encadeado: organízanse actividades e festas como nunca se veu aqui. En definitiva, situacións que fan a vida máis agradable e, ata me atrevería a afirmar, que se está dando un certo cambio positivo na maneira de comunicarse.

Tanto para acontecementos reivindicativos coma lúdicos, os camelláns son todo un exemplo de persoas que saben o que queren ou mellor dito, o que non queren e, entre as primeiras, está pasalo ben sen prexudicar a terceiros. Non se escatiman nin esforzos nin medios, tanto para pagar un preito, coma para facer festa rachada. Esta nova forza do noso pobo, ben merece o cualificativo de "brote verde" (agora que está tan de moda a expresión).

Novas varias

1. Xa rematou a votación da Elección Histórica da Costa da Morte argallada polos nosos compañeiros de quepasanacosta e corcubión.com.
O gañador da enquisa foi o ilustre pontecesán Eduardo Pondal.
Moi preto ( só 49 votos menos ) estivo o noso Man, que mantivo unha dura loita ata o final.
O de ponteceso obtivo 283 votos por 234 de Man, na derradeira enquisa cos catorce finalistas de tódolos concellos.
O terceiro clasificado con 59 votos foi Alejandro de Finisterre ( o inventor do futbolín ).
Os 283 votos de Man e ser o segundo persoaxe máis importante da Costa da Morte de tódolos tempos, detrás de Pondal, tén un mérito incrible ( iso que entrou tarde nas primeiras votacións, xa que non estaba incluído nelas ) e fainos ver, unha vez máis, a importancia que tivo Man e a súa obra en toda Galicia.
Noraboa, unha vez máis, a estas dúas páxinas, xa que con esta iniciativa, fíxonos entrar a todos no pasado e na historia da Costa da Morte a través dos persoaxes máis ilustres e así poder coñecelos mellor.
Máis info : quepasanacosta e corcubión.com

2. O edil do PP de Vimianzo, Juan Carlos Amado Sambade pretende solicitar ao concello de Vimianzo a roza de varios puntos e a promoción dunha ruta de sendeirismo en Sabadelle.
Dende a Asociación Veciñal San Martiño de Carantoña, o cal é o seu secretario, queren do mesmo xeito pedir a roza do camiño e os marcos delindes que une este anaco de mar con Braño, o estudo dos valores naturais e etnográficos do enclave e a habilitación dunha ruta de sendeirismo que promocione este entorno natural.
Máis info : anosacosta

3. Segue a polémica en torno a rexeneración da praia de Camelle.
O xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, explicou que dentro duns días comezarán as obras de rexeneración da praia de Camelle.
Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones López Cao, que tamén realizou a prolongación do dique de abrigo.
Rafael Eimil sinalou que a area de caolín ou de canteira lávase tres veces antes de poñela na praia e en Camelle colocarase no centro do areal, debaixo da que hai actualmente.
Precisamente por iso, o material utilizado é indiferente, posto que non terá contacto co mar nin cos bañistas e é imposible que chegue aos viveiros que se atopan cerca do porto.
Explicou tamén que non hai problema para engadir tamén a area dragada do porto, aínda que só se usará si se atopa en boas condicións, xa que debido ao lugar no que está sofre unha forte contaminación.
A rexeneración da praia realizarase cribando a area actual, para que tódolos grans teñan un tamaño regular.
Máis info : La Voz de Galicia

4. A Guardia Civil de Camariñas detivo a un veciño de Camelle por agresión.
Os feitos producíronse minutos antes das seis da mañá do luns, nunha rúa do centro urbano de Camariñas.
José Manuel Blanco Pena, de 30 anos de idade, presuntamente sacou unha navalla coa que atacou a un compañeiro seu.
A vítima recibiu varios cortes na cara, nun brazo e nun costado polo que tivo que ser trasladado de urxencia ao hospital Virxe dá Xunqueira de Cee, onde lle puxeron varios puntos de sutura para conter as hemorraxias.
Máis info : La Voz de Galicia

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE