Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 30 de octubre de 2009

Para mariñeiros nós ( Capítulo 6 )

miércoles, 28 de octubre de 2009

Os relatos de Guany


Hai de todo...


Dalgún xeito, é unha prolongación do relato anterior porque a miña curiosidade sobre esa lenda que veño oindo desde pequena (a picaresca da xente para provocar naufraxios) foi satisfeita polo amigo Karavich -graciñas-. Omitín, entón, as últimas accións piratas destes anos, feitas sobre pequenas naves que tamén naufragaron na nosa costa aínda que tiveron unha resonancia proporcional á dimensión dos accidentes, que, por sorte, foi menor.


Cando vin nos informativos nacionais que, literalmente, se invadía un iate embarrancado, arrancando de raiz todo aquilo que poidera ser útil, sentín vergoña allea. Para máis "inri", os autores parecián carecer dunha necesidade aparente a xulgar por algúns signos externos que indicaban, o que se di, un bo estatus. Feitos deste tipo fan pensar que seguimos tendo reminiscencias primates a pesar de vestirnos con roupas de Adolfo Domínguez.


Á xente parecen gustarnos os tópicos : o catalán, individualista e tacaño; o andaluz : dicharacheiro, superficial, sociable..... e os galegos temos fama de traballadores, vergoñosos, introvertidos e desconfiados. Non me gustaría que se nos engadira o adxectivo de rateiros porque esas actuacións son casos illados. A idea que temos dos homes do mar é ben diferente da que deron estes personaxes.


Outra situación lamentable, ao meu parecer, foi aquela na que algúns desexaban a chegada doutro Prestige (momento televisado, tamén) porque unhas indemnizacións substanciosas compensaban todo o desastre. As explicacións que lle vexo é que , ás veces, non pensamos o que dicimos, somos imbéciles ou uns irresponsables totais. Coa mentalidade de pan para hoxe e fame para mañán producíuse, por exemplo, a sobreexplotación mariña, pensando que os recursos eran ilimitados.


Non hai que espremer moito o cerebro para decatarse de que o planeta non é infinito e, por agora, non temos outro no que vivir (tampouco más adiante porque aínda que a ciencia dea pasos de xigante, non parece viable que, no suposto de atopar unha segunda terra, haxa aeronaves para transportar á humanidade ata alí). Polo tanto, esta é a que temos e deberíamos ter máis respecto cara a ela.


Non vou repetir o que está dicindo habitualmente a xente experta no tema sobre o futuro que nos espera de continuarmos nesta liña de desprezo ao noso ecosistema. Algúns vaticinan unha subida do nivel do mar como consecuencia dos desxeos polares, que asusta a calquera. Prefiro pensar que esaxeran, pero deberíamos tomarnos máis en serio o asunto e tirar ao contedor do lixo ideas tan insensatas como aquela de que volva outro Prestige, por exemplo, e que a palabra "sostible" non sexa só parte dun discurso.
 

Novas de Camelle



 1.   A Asociación Cultural Festas de Camelle, presidida por Perla, xa está a traballar arreo para as vindeiras actividades programadas para este Outono.
O día 7 de Novembro celebrarase o II Desfile de Moda na Casa da Cultura (Colección Outono-Inverno) e no que haberá modelos de tódalas idades, igual que o celebrado en Maio deste ano no Día das Letras Galegas.
Este mesmo día tamén se fará a II Festa Gastronómica de Camelle, no que o protagonista será O CARLOU.
Actuará "Paco e o seu bastón", as Cantareiras de Camelle e moitas máis sorpresas.

O día 28 de Novembro celebrarase tamén na Casa da Cultura o xa coñecido Magosto camellán e o día 5 de Decembro a Cea de Nadal.
Xa iremos ampliando estas actividades según vaiamos obtendo máis información.


 2.  Como xa todos saberedes, estáse a grabar en Camelle un novo documental sobre a vida e obra de Man.
Nesta ocasión, a productora galega Gseis Audiovisuais prepara un documental para a TVG na que conta cos testimonios de 25 camelláns que coñecían moi ben a Man, como Chita, Manolo "Pitara", Tono, etc.
As grabacións xa están a piques de rematar e a finales de Novembro debería de estar entregado na TVG.
Máis info : La Voz de Galicia

martes, 27 de octubre de 2009

Polémicas declaracións sobre a Gripe A

Non é moi tranquilizador o que di, pero o seu anterior cargo confírelle credibilidade.
É a doutora Rauni Kilde, ex ministra de Sanidade finlandesa.
As súas teorías sobre as empresas americanas, as vacinas e o virus están recollidas neste vídeo onde debulla a súa particular visión.


Primeiro fala sobre a telefonía móbil e as compañías americanas: "Experimentan a longo alcance sobre a poboación, buscan reducila en dous terzos, ata en cinco billóns".

Logo de desvelar ese dato, é preguntada pola Gripe A: "Todo é bazofia" e engade que "non é a gripe o perigoso, senón as inxeccións. Non é só porcina senón que é o virus humano mesturado co virus porcino, mesturado con virus aviario", aí queda iso.
 En realidade non queda aí a cousa, porque na súa opinión, "detrás diso está reducir a poboación" e "meter millóns e millóns nos petos das empresas que saquen as vacinas". É máis, afirma que "Rumsfeld ten unha empresa".

A clave dáa a continuación: "Queren dar as vacinas ás embarazadas e aos nenos para eliminar a próxima xeración".

lunes, 26 de octubre de 2009

Vídeo de humor

Nova entrega de Nimportequi, desta vez disfrázase de morcego para asustar ao personal.

jueves, 22 de octubre de 2009

Para mariñeiros nós (Capítulo 5)

miércoles, 21 de octubre de 2009

Os relatos de Guany


As traxedias na Costa da Morte.
O fermoso xesto de homenaxear ao Serpent, 119 anos despois de transcorrido este desgraciado naufraxio, tráeme á cabeza os últimos accidentes deste tipo que acaeceron na nosa costa.
 Unha vez lin un libro que estaba no faiado da miña avoa, escrito por José Baña Heim, relatando anécdotas ao respecto e unha delas, que me quedou grabada por incrible, era que, antigamente, algúns habitantes da costa facían unha bola de chapapote, que colocaban no extremo dos cornos das vacas; despois prendíanlle lume para confundir aos navegantes e facilitar os naufraxios xa que cada un deles supoñía, de algunha maneira, provisións para os lugareños desde roupas de cama ata alimentos. Calquera que fose o cargamento, era aproveitable.
 Eu creo que se trata dunha lenda porque o conto do chapapote nos cornos....paréceme inverosímil; ¿canto tempo duraba a combustión do negro material? ¿Desde que distancia sería visible a chama do lume?.¿É posible producir esta confusión á xente que traballa no mar?. ¿Non importaba o perigo para os navegantes como consecuencia da visión daquelas "luces"?. Hai algo nesta historia que non me cadra.¿Alguén de vós coñece máis detalles destas vacas que, ademais, debían volverse tolas de verdade cos cornos tan quentes?.
Un dos naufraxios relativamente recentes (vinte anos e pico) foi o do Casón no que morreron vintetantas persoas e cuxa historia deu moito de se pola desesperación da xente, debido a incerteza sobre o tipo de material que transportaba, xa que as informacións foron ambiguas e, tamén,alarmantes porque se sospeitaba de que transportase algún material tóxico e/ou explosivo.
A xente vivíu situacións entre dramáticas e cómicas. Dramáticas polo medo a que aquela especie de mostruo mariño estoupase con consecuencias imprevisibles. Máis de un imaxinativo pensou que a Costa da Morte podería converterse nun segundo Chernobyl. Houbo un auténtico éxodo de todos aqueles que puderon fuxir porque tiñan medios para facelo.
 Moitas familias dividíronse ante a negativa dos seus vellos a abandonar as casas, preferindo aceptar todo tipo de riscos antes que marchar.
Eles coma o capitán dun barco que se precie, non estaban dispostos a abandonar o seu habitáculo e liscar, con certa idade, a non se sabe onde.
 Despedíronse de fillos e netos mentres non se aclarase en que consistía a natureza da carga do Casón.
 Despois de pasado o perigo , creo que houbo bastante cachondeo, parodiando as pintorescas situacións a que deu lugar iso de atoparse ante unha seria e incontrolable ameaza deste tipo.
Contábanme que un veciño de Camelle escribíu o que chamaba unha comparsa. Púdena ler anos despois e non tiña desperdicio. Foi unha mágoa que só quedase no seu ámbito privado porque estaba sobrado de inxenio. Era un verdadeiro sainete do que podemos chegar a facer baixo a pantasma do medo.
Volvendo ao Serpent, parece que tivo dúas consecuencias importantes: unha foi o uso xeneralizado dos chalecos salvavidas (os tres supervivientes levávano posto). A outra foi a construción do faro de Cabo Vilán para tratar de atenuar a perigosidade da Costa da Morte. Paradoxalmente, dise que o accidente aconteceu por erro de navegación. ¡Que cousas!. Pregúntome como vivirían o naufraxio os habitantes da zona coa precariedade de medios e as dificultades de comunicación daquela época.
Parece indubidable que o cura de Xaviña e os veciños estiveron á altura do que demandaba a situación. Está claro que o ser humano temos algún recuncho solidario connosco (uns máis cá outros), pero o que más ou o que menos, cando suceden feitos tan graves ou que poñan en perigo a vida doutros e non só a nosa,actuamos sen pensalo dúas veces, por sorte e non só para cumprir co deber de socorro. Porque penso iso, fáiseme difícil de crer a historia das vacas ás que aludín antes.
Tamén hai contar con aquilo de que "a xeografía da fame" pode borrar dunha plumada o recuncho solidario......pero aínda así, sería dunha imprudencia, por non dicir crueldade, desproporcionada ¿non vos parece?. De ser certa a historia, temos unha pésima relación co chapapote na nosa costa.

martes, 20 de octubre de 2009

Vídeos musicais

viernes, 16 de octubre de 2009

Novas de interese


 1.  A Costa da Morte tamén fala galego.
A Costa da Morte tamén estará presente o vindeiro domingo en Santiago de Compostela na manifestación a prol do idioma galego organizada pola recién creada plataforma Queremos Galego.
Déixovos a nota de prensa remitida por esta plataforma explicándonos os motivos desta manifestación.
Nota de prensa:
A Plataforma Cidadá Queremos Galego, cuxa sección comarcal (Bergantiños-Costa da Morte) foi presentada á prensa o pasado xoves 8 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo, chama a toda a sociedade galega a se manifestar este domingo, 18 de outubro, a favor da lingua galega e en contra das políticas lingüísticas regresivas do actual goberno da Xunta de Galiza.

Por primeira vez na historia da Autonomía, o Goberno galego está a desenvolver políticas de desprotección da lingua propia de Galiza. Neste sentido, todas e cada unha das medidas gobernamentais executadas ou anunciadas desde a chegada ao poder de Alberto Núñez Feijóo van en contra de acordos parlamentarios aprobados por unanimidade: a derrogación do decreto do 50% do ensino en galego, a supresión das axudas á tradución de libros para o noso idioma, ou a contrarreforma da Lei da Función Pública, só para que o galego non sexa igual de necesario que o castelán para acceder a un posto de traballo na Administración galega.

Perante o sensentido gobernamental, a cidadanía galega manifestouse amplamente en contra desta postura galegófoba, apoiando a Plataforma Queremos Galego desde a súa creación, o pasado 14 de xullo en Compostela.

E en Compostela, o próximo domingo é onde se van xuntar as voces de todos os que queremos galego, que somos moitos e máis que os que o desprezan, que os ‘descastados’ que renuncian ás nosas raíces como pobo.

En Compostela é onde temos que estar todos e todas este domingo, acudindo á que se presume como unha xornada histórica de reivindicación, por enriba de ideoloxías, por sentido común e porque QUEREMOS GALEGO!

Silvana Castro García

Coordinadora da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños-Costa da Morte

Máis info : quepasanacosta, anosacosta, La Voz de Galicia, La Opinión


 2.  Homenaxe ao Serpent e os náufragos daCosta da Morte.
O día 10 de novembro de 1890, ás dez e media da noite, embarrancaba en Punta do Boi o cruceiro torpedero da súa Maxestade Británica Serpent. Só houbo tres sobreviventes: Luxon, Gould e Burton, entre os seus 176 tripulantes. Foi unha da maiores traxedias que viu a Costa da Morte e sen dúbida a máis soada.


O ano pasado un reducido grupo de persoas entre as que había membros da Liga Naval Española e xornalistas achegámonos a esa hora a render homenaxe, non só aos náufragos do Serpent, senón a todos os náufragos desta Costa.

Quérese repetir este ano esta homenaxe, precisamente de noite e naquel inhóspito lugar, no Cemiterio dos Ingleses, para que todos aqueles que senten e viven o mar, cos seus dramas incluídos, incluídas os familiares de náufragos e as confrarías e institucións que queiran sumarse achéguense a render un sinxelo pero emocionado tributo ás vítimas do mar de todas as nacións que aquí atoparon a súa última singradura.

Aínda non hai ningún programa formal e acéptanse todas as propostas para esta sinxela cerimonia que podería incluír velas, flores, cánticos e lectura de nomes de barcos, por exemplo.

Como o tempo nesas datas pode ser tempestuoso en Punta Boi recoméndase a quen ousen desafialo que veñan ben pertrechados para protexerse...

Juan Campos

Dende quepasaencamelle queremos fomentar esta gran iniciativa, para que esta homenaxe aos "nosos" náufragos non se esqueza e o día dez de novembro de tódolos anos vindeiros, pase a ser a data da homenaxe aos náufragos e das persoas que deixaron a súa vida no mar.
Tamén propoño que tódalas persoas que se sumen a esta iniciativa leven unhas flores para facer unha pequena honra e así testimoñar o recordo polos falecidos no mar.

Máis info : quepasanacosta, diariocamariñan

Para mariñeiros nós (Episodio 4)



jueves, 15 de octubre de 2009

Danza dos arcos 2009

Vídeo producido por quepasaencamelle referente as Festas do Carmen deste ano, no que destaca a danza de arcos, a procesión e os fogos.
Espero que vos guste esta versión "moderna e peculiar" do vídeo.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Vídeo da I Festa da Palilleira

Espectacular extracto do DVD da Festa da Palilleira ( que se fixo nas festas do Sacramento ), que xa se pode mercar na Panadería Perla ( dura dúas horas ) para recadar fondos para as vindeiras festas do noso pobo.
Cabe destacar neste DVD as actuacións estelares dos humoristas camelláns Lola e Fernanda, e tamén de Paco e Jaime que provocaron as risas de tódolos asistentes ante o sorprendido presentador, Marcial Mouzo.
A verdade é que non ten desperdicio.

viernes, 9 de octubre de 2009

Os relatos de Guany


Antes de nada, deséxolle mandar moitos saúdos aos nosos blogueiros desprazados polo mundo, que participan do que pasa en Camelle a través desta páxina. Cos seus comentarios, fan que pareza unha charla entre amigos ao calor dunha chimenea.Nós sentímolos preto e espero que a eles lles suceda outro tanto.


A VISIÓN DAS COUSAS
 A visión da botella, medio chea ou baleira segundo a percepción de quen a observa, ten bastante influencia na vida da persoa.Podemos ter un mal día e velo todo negro: se quenta o sol porque nos molesta nos ollos; se chove porque nos mollamos; se a sogra nos saúda cun amplo sorriso, podemos pensar ¿que quererá esta bruxa?, etc... Todos temos días deste tipo. O asunto cambia cando pasa a ser nunha constante da nosa vida e convertémonos nuns agonías para aqueles que están arredor. Cando respostamos frases como "serán para ti" se nos dan os bós días...a cuestión xa pode ser preocupante.
 Se ese fose o teu caso, invítoche a que leas isto e, tamén, a que me chames "rollo" se así o consideras. A miña intención é que recapacites sobre isto: corres o risco de que a xente que te rodea, vaia fuxindo de ti, pouquiño a pouco. Pode ser que te salve o teu esporádico sentido do humor, a xenerosidade deles ou a túa, porque che deben algo, te queren moito ou porque son uns santos. Caso contrario, é probable que acabes sentíndote só.De aí a que penses que todos conspiran contra ti, hai só un paso.

Penso que, tal como imos mirar as carencias visuais para evitar perder parte da información que nos rodea, deberíamos graduar a nosa outra visión das cousas porque podemos perder detalles importantes ou incluso cruciais. Tendo en conta que iso do ceo/inferno non está nada claro...., todo apunta a que paga a pena non perder o tempo en amarguras innecesarias. Se estivésemos máis atentos, sen deixarnos levar pola primeira impresión/emoción, decataríamonos de que hai máis ben poucos asuntos verdadeiramente importantes. É cuestión de relativizar o que sucede no escenario diario, sacándolle partido ao mellor e minimizando os fastíos (fastidios). Estou bastante de acordo con esa frase tan repetida de que a vida é aquilo que acontece mentres planeamos outras cousas.

A botella medio baleira, pode chafarnos a mellor festa. Se a túa moza fala, amigablemente, con outro e pensas "levo máis cornos cá un cervo...". O chaval é un compañeiro de clase, por exemplo. Móntaslle o cristo a túa moza e acabades feitos un asco, cada un chorando por un lado. Se sucede con frecuencia, pode que ela se canse de ti e, despois, chorarás dobre: por ela e por burro.

Outro día pensas que nunca chegarás a nada; a túa vida é un asco; todos son reveses....túmbaste no sofá a autocompadecerte e " a velas vir ". De continuar así, pode que se confirmen as túas expectativas e sexa, certamente, un asco porque ti xa ditaches sentenza e non fas nada para poñerlle remedio.

Ás veces, sénteste frustrado por non poder comprar un coche novo. Estás farto de andar co mesmo cacharro durante sete anos. Quixeras comprar un novo, como fixo o teu veciño, pero a túa economía vai peor cá súa e lévate o demo. O detalle de que o teu coche funcione perfectamente, parece pasarche desapercibido..... Tal vez lle esteas dando un valor excesivo a apariencia externa e ao que significa. A nosa valoración persoal pode que inflúa no que sentimos ao respecto. Aínda que estamos nunha época moi difícil, non vai ser eterna. Tendo pacencia e poñendo o posible da nosa parte, as cousas cambiarán. Permanecer pasivos, aceptando un "destino" adverso, non creo que nos beneficie en absoluto e desesperarnos, tampouco.

En ocasións, só alcanzamos a ver dentro dun espazo moi curto arredor noso. Se observamos, sen presa, seguro que temos máis motivos de ledicia do que pensamos. Acostumámonos a moitas cousas que, unha vez están aí, deixan de ter importancia para nós. Uns amigos foron pasar uns días a un pobo nevado na serra. As paisaxes eran espectaculares, pero por mor da cantidade de neve, houbo problemas coas instalacións eléctricas e estiveron ás escuras o fin de semana. A impresión de uns era que o pasaron de marabilla, gozaron paseando entre a neve; foi un fin de semana fantástico e diferente.De noite, dedicáronse a conversar arredor dun candil de gas. Para outros, a experiencia foi desastrosa: comendo bocadillos, sen TV nin as comodidades habituais.Relataban a experiencia coma un pesadelo.

Hai uns días vin unhas imaxes duns nenos sudaneses, que me impactou especialmente: estaban bebendo auga nuns pantanos enfangados porque non teñen outra. Facíano a través duns tubos de plástico, provistos dun filtro, que lles facilitou unha ONG para evitar inxerir larvas,causantes de enfermidades. Creo que deberíamos valorar o que temos, sen prexuizo de melloralo, evitando que nos amarguen o día, por exemplo, algunhas carencias que, ben vistas, serían un luxo para outros.


jueves, 8 de octubre de 2009

Para mariñeiros nós

Aí está o noso amigo Suso Lista participando nunha iniciativa " senporsen ghallegha ".
Da man do director coruñés Omar Rabuñal, están a lanzar unha campaña de vídeos polo youtube que se chama "Para mariñeiros nós".
 Unha serie que trata a vida de dous mariñeiros de Corme, e as súas simpáticas andanzas. A indiosincrasia galega retratada dende dentro.
Por aí o van o Pinto e mailo Coviñas, de vila en vila polo xeografía costeira galega retratando ao mariñeiro fetén. Ademais, o proxecto busca involucrar as xentes do país en cada produción, facendo que interactúen nas rodaxes.


En quepasaencamelle imos a amosar tódolos capítulos desta saga, xa que garda moitas similitudes co modo de vida e coa sorna dos mariñeiros camelláns.
Máis info e vídeos : quepasanacosta, youtube, paramariñeirosnós



Á procura do cogomelo


Para tódolos afeccionados á micoloxía, estes dous fins de semana próximos faranse rutas polos montes da Costa da Morte para gozar da natureza e aprender a atopar e recoñecer os diferentes tipos de cogomelos.
Esta novidosa oferta micolóxica é posible grazas á organización e promoción de Meigalicia e Turgalicia pero tamén ao apoio de distintas asociacións das zonas participantes de toda Galicia e como non, o apoio incondicional do noso experto en micoloxía Manolo Pose (Pitara).
Máis info e reservas : turgalicia, meigalicia, quepasanacosta

Tormenta eléctrica


Este pasado luns unha gran tormenta eléctrica pasou por Camelle.


A forza dun raio provocou numerosos problemas eléctricos en medio pobo como televisores estragados, ordenadores, routers,microondas, teléfonos,calefaccións,etc.


Estes días, empresas eléctricas e telefónicas traballan arreo para salientar os danos sufridos por moitos veciños.

martes, 6 de octubre de 2009

Fotos antigas




viernes, 2 de octubre de 2009

Vídeos: "PERCEBEIROS"

A nosa páxina amiga camariñana, diariocamariñan, publicou dous vídeos moi interesantes sobre a maneira de traballar e a vida diaria dos percebeiros da Confraría de Camelle.
Neste vídeo, cuxas imaxes foron obtidas dunha productora alemana que estivo grabando un mes en Camelle e Arou para facer unha reportaxe especial sobre os percebeiros, pódese ver a varios camelláns loitando co mar no oficio máis perigoso do mundo, o de percebeiro.


jueves, 1 de octubre de 2009

Os relatos de Guany


Réplica de Guany en alusións ás últimas declaracións de Mercedes Martín en contra do seu relato.

O CU E AS TÉMPORAS


Sorpréndeme a intepretación que fai a concelleira sobre o que lle escribín, xa que ningunha das súas respostas se axusta ao que dixen. Un auténtico "diálogo" de ollomoles....Onde falo dalgúns personaxes socialistas que fixeron cousas importantes e que eran "...ávidos lectores de..." quérolle dicir que tiñan un amplo bagaxe cultural. Ela INTERPRETA que a chamo marxista...Nese enunciado, non me refería a vostede, señora. O que dicía é que "desvirtúa os símbolos que os representaron" (menuda diferenza).Non mencionei a ningún daqueles personaxes e ela INTERPRETA que omitín a un deles.

A meirande parte do seu texto xira arredor de quen é ou non de Camelle, definíndose ela como camellana. É un asunto seu como queira considerarse. Andar dándolle voltas a semellantes cuestións, paréceme estéril. Eu só lle fixen un comentario irónico "dónde la ubicamos...", TENIENDO EN CUENTA LA IMPORTANCIA QUE ATRIBUYE al hecho de ser fijo, temporal...etc. O orixe destas críticas está nas súas manifestacións, conceptualizando á xente en función do tempo de permanencia no lugar.Todo o demais é, novamente, un diálogo de ollomoles "eu son, eu estou, aquí, alí..." Pasou igual que no desarrollo dun rumor e lémbro un exemplo: o capitán dille a un soldado: "a las doce habrá eclipse de sol; informe usted al personal que acuda a cubierta a esa hora". O soldado espallou a mensaxe entre os compañeiros e o asunto acabou transmitíndose de boca en boca. Os últimos soldados enteráronse de que ás 12 debíase cantar o "cara al sol" co conseguinte descontento dos que eran de esquerdas.

Un non decide onde nace, e, rara vez, onde reside porque o primeiro determina, en certo grao, o segundo (sería excepcional que un europeo, que non sexa cooperante ou similar acabe vivindo nun país africano polas diferenzas no xeito de vivir,lingua, climatoloxía, etc.).A decisión de instalarse nun sitio concreto non é "pura",depende das alternativas dispoñibles. Ela decidíu vivir aqui porque tiña esa opción e pareceulle a mellor para ela e a súa familia. Heroismos, os mínimos. Outras persoas, collen un rumbo diferente, dependendo de varios factores.

Polo tanto, deixémonos de tonterías tales como "aqueles que fuxen ,deixándonos cos problemas...". Aparece a súa imaxe como salvadora dos abandonados.Verdadeiramente, semella un culebrón das catro da tarde na TVG: a xente deixa aos veciños sós (como si estivesen pelexando co inimigo nunhas trincheiras.......)Os problemas forman parte da vida,independientemente do lugar de residencia. Ás veces, ocorre que hai politicos que queren engadir algún problema adicional.

A única realidade é que aqui hai un conflito de intereses e aqueles que obstaculizan o obxectivo, molestan. As posturas están moi definidas e xa decidirá quen corresponda. O resto é palabrería inútil porque está todo dito a estas alturas. Se a concelleira non quere ler comentarios molestos, que procure non dar pé. Non temos ningún interés en nomeala para nada. Todos estes discursos son tan pouco fructíferos como acariñarlle a pelvis a unha estatua.

En canto a utilizar un anónimo/pseudónimo, estou no meu dereito de facelo porque eu non son un personaxe público. Ademais, coñezo, perfectamente, os meus límites (non todo o mundo os coñece). Critico cando me parece a aquelas persoas que teñen unha función pública porque decidiron,libremente, dedicarse a iso e sempre que actúen neste tipo de actividade. Igualmente reprobo calquer tipo de actitude incívica ou indesexable, lle pase a quen lle pase.Outra cousa é a liberdade de expresión, aínda que lle moleste. Se non asumen o que implican certas ocupacións, dedíquense a outra cousa. Tampouco teño ningún problema en expresarllo persoalmente, se fose o caso porque a concelleira é unha persoa civilizada e ninguén dubida das súas cualidades como veciña. As críticas van sempre dirixidas, pola miña parte, a súa actuación política nos últimos tempos. Ah! Tampouco se colgue medallas por dar a cara, faltaría máis.Aqui non se utilizan burkas e, dedicándose á política, non lle queda outra.

A.X. CHERINKAS (Vídeos de humor local) ÚLTIMO CAPÍTULO DA SAGA.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE