Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

viernes, 27 de noviembre de 2009

Para mariñeiros nós (Capítulo 10) Promo Festival "Con V de Valarés"

Os monólogos de Manolo


OS TOCAPELOTAS (capítulo II)

Seguimos contando a vida deste elemento,hoxe basarémonos ná súa vida escolar.Pois vamos alá.

Resulta que eu tuven de compañeiro de clase a un elemento destes,e despois de pasar os anos,deime conta de que,aparte de ter todas as "cualidades" que nombrei antes,en cada época dá súa vida van aparecendo mais.


O tío en cuestión era un gran acusica.Contaba todo o que lle pasaba nó colexio.
-Mamá,verás...E que ná clase,hoxe,chamáronme ¡Mafioso!.


-Vale.non te preocupes que mañán xa falarei coa maestra.


-Sí mamá,pero por favor...¡QUE PAREZA UN ACCIDENTE!.

Tamén descubrín que sempre quería ser o mellor en todo.E con esa ánsia de ser o millor,era a vez,bastante incauto.Acórdome,que unha vez a maestra mandounos levar a clase cousas que sirvan para curar enfermedades ou que se podan atopar nun ambulatorio.

O día seguinte,cando chegamos á clase:

-Bueno nenos.Supoño que trousestes o que vos pedín onte.Vamos a ver,Ramón.¿Que trousestes?
 -Un paquete de algodón.

 -¿Quen cho dou?


-Miña nai.


-E..¿Qué che dixo?


-Que era para limpar as feridas,señorita.


-Moi ben.A ver tí Esperanza.¿Qué trousestes?


-Unha botella de agua oxigenada.


-¿Quen cha dou?


-Meu pai.


-E..¿Que che dixo?.


-Que era para desinfectar as feridas,señora maestra.


-Moi ben.A ver señorito Tocapelotas.¿Que trousestes tí?


-Unha bombona de oxígeno coa súa mascarilla e todo.


-¿Quen che dou eso a tí?


-O meu abó.


-Ai sí,¿E..que che dixo?.Si se pode saber.


-Sí señorita.Díxome:¿QUE..FAS..CA..BRÓN...?

Tamén solía ser bastante copión.Co seu ímpetu por ser o mais listo,non se cortaba a hora de copiar.O que pasa e que non todos os maestros eran coma o "Vello de Carnés".Había algún que correxía os exámenes,e ahí era donde o pillaban.Como aquel día que:
-Señor Tocapelotas.Ten vostede un cero en este examen.


-E..¿Por qué si se pode saber?.


-Por copiar po lo seu compañeiro.


-¿Por copiaaar?.E..¿En que se basa para facer tan absurda acusación?.Tamén pudo copiar él por mín.


-Pois en tres razóns moi simples.Os dous exámenes teñen o mismo nombre,as respostas son exactamente iguales nos dous.Todas menos a pregunta nº8,que o seu compañeiro puso NON O SEI,e vostede puso EU TAMPOUCO.

Despois desta desastrosa vida que levou ná EXB.Os seus pais(por non soportalo)mándano estudiar a fora.E é ahí donde,influenciado por algún profesor de Filosofía,aficionado ó teatro,coa misma enfermedade cá él,vai a sufrír o cambio mais notable dá súa vida.Pasa directamente de vivir a vida a súa maneira a INTERPRETAR UN PAPEL.O que fará de él un tipo mais insoportable,si cabe.Pero eso contarémolo nun próximo capítulo de:

¡¡¡OS TOCAPELOTAS!!!

Os relatos de Guany



CORRUPTOS, MANGANTES E OUTRAS HERBAS


Non é prato do noso gusto estar padecendo as consecuencias da codicia e ineficacia de moitos desalmados, que nos salpican a todos xa que, a pesar de non ser un asunto que esperte entusiasmo en moitos de nós, inflúe na vida dos cidadáns, prexudicados polas manobras dunha tropa de chourizos e incompetentes independientemente da cor do partido pero non da súa representatividade. Uns están no número un do ranking pero iso pode cambiar en calquera momento.

Desculpade porque exprese o que penso sobre esta especie de casta de vez en cando. Algunhas cuestións da actualidade lévanme a desafogar, egoistamente. E como unha terapia. Quero pensar que existe xente decente pero o que máis se ve non é a súa labor, desde logo e estamos chegando ao punto inxusto de poñelos a todos no mesmo saco porque o descrédito está sendo absoluto. Nin sequera gardan as formas, dedicándose a poñerse verdes e espiarse entre eles como cotillas de patio sen ter en conta a súa verdadeira función, mentres o persoal vive agobiado sen que se vislumbren solucións nun prazo razoable.

Non daba crédito cando escoitei que, en certa zona, desviouse o traxecto dun tren de alta velocidade cara a un pobo minúsculo; deste xeito, revalorizábanse os terreos que tiña alí unha coñecida familia, facendo un negocio redondo. Unha vez conseguido o fin, inutilizouse o tramo pola falta de rendibilidade. ¡Alucinante!.

A especulación do solo debe ser a nena bonita e xa nos deixou coa boca aberta hai uns anos: recalificacións, concesión de licenzas, pasándose a lei polos forros, etc. etc. Hai unha cadea de favores mutuos (clientelismo).Todo está previsto, baixo control ata que alguén, se os ventos son favorables, destapa a lebre. Esa é outra: segundo conveña a determinados intereses, as informacións poden ou non facerse públicas.

En España, nos últimos 10 anos, a corrupción calcúlase que ascende a unha cifra de 4000 millóns de euros que se foron polos sumidoiros, destinados ás ratas que están esperando debaixo para apropiarse deles.A cifra real é moi superior xa que non entran no cómputo as pescudas soterradas aínda e outras que están nos tribunais (hai máis de 700 causas pendentes de resolver).

Nalgúns casos, os delitos prescriben - de tanto estar a remollo, podreceron-. Noutros, pagan fianzas millonarias do mesmo diñeiro que roubaron -acostuma a levalo o siroco porque nunca volve ao sitio; ten pernas e alas ou anda por aí a nome de terceiros-. Excepcionalmente, un tempiño no trullo para sair logo a dar conferencias, escribir libros e contarnos as súas vivencias espirituais experimentando sensacións sublimes consigo mesmos ademais de ser aclamados polos novos compañeiros de oficio.

De ladróns, mentireiros e frikis, que teñen o campo de cultivo nun sistema que propicia que existan, estamos asqueados. Como non tomen medidas para levar a cabo reformas profundas e se endurezan as leis para este tipo de delincuentes, calquera día aparece a Torre de Hércules nunha praza de Dubai. Entón, dirán aquilo de "debemos replantearnos la función pública...", cando xa non quede nin para pagarlle unha miserable pensión aos vellos ou as listas de espera na sanidade te leven, directamente, ao cemiterio. O raro é que non nos manifestemos polas rúas facendo un ruído tal que se lles caia a cara de vergoña aos protagonistas, supoñendo que a teñan. En todo caso, a bulla contra eles moléstalles; desconcéntraos das súas sesións de cálculos matemàticos e sobrepasa os decibelios que poden soportar tan delicados oídos. Supoño que todo se andará porque a pacencia ten un límite.

A este paso, botaremos en falta a personaxes como Chiquilicuatre nas institucións públicas. Defenestrado por Buenafuente, busca traballo. Estou convencida de que sería tan capaz coma calquera destes tipos e, polo menos, podería facernos rir co seu esperpéntico show algunha que outra vez. Despois de todo, aínda que non tivese ningunha noción dos asuntos aos que enfrontarse, para iso estamos pagando asesores. Condición: casting previo para substituir os existentes, que deben andar bailando entre o "breaking dance" e o "crusaíto"..

jueves, 26 de noviembre de 2009

Vídeo do mes

Cando o "espíritu" de Michael Jackson posúeche, xa non podes facer nada máis, soamente deixarte levar por él.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Periodista camellana entrevista a Mijaíl Gorbachov


O noso fiel usuario e colaborador deste blogXurxo, tráenos hoxe unha primicia.
A camellana María Flora Piñeiro Devesa que actualmente vive en Lion (Francia), estudou Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela e traballa como periodista na prestixiosa cadea de comunicación europea, Euronews, na que entrevistou ao mismísimo Ex-Presidente da U.R.R.S. Mijaíl Gorbachov.
Dende aquí, dámolle a noraboa a nosa amiga Flora pola entrevista e a súa traxectoria profesional, esperamos vela pronto por Camelle para poder facerlle nós unha entrevista.
Si queredes ver a entrevista completa que Flora fíxolle ao Ex-Presidente da U.R.S.S. pinchade no seguinte enlace:
- Entrevista de María Flora Piñeiro a Mijaíl Gorbachov en Euronews.

Vídeo musical (Aparición estelar de Manolo de Bajeras)

Info Comisión de Festas de Camelle


- Este vindeiro sábado día 28 de Novembro, a partires das nove da noite na Casa de Cultura, faráse o xá recoñecido Magosto camellán, con castañas de balde para tódolos asistentes.
Este ano contaráse coa actuación da charanga camariñán "Os panchos do jolfrendo" e a xá mítica aparición de "Paco e o seu coro". Está aínda sen confirmar o karaoke.
Non podedes fallar, lembrade que paso lista...



- O seguinte sábado, día 5 de Decembro, faráse unha cea-baile navideña no Restaurante A Lagoa de Vimianzo, que servirá para recadar fondos para as nosas festas.
O menú da cea está composta do seguinte:
- Gambas á plancha
- Ameixas á mariñeira
- Churrasco mixto ou pescado
- Postre a elexir
- Viño, refrescos, auga, café, pan, etc.
A cea estará amenizada pola Orquestra Capitol e o prezo é de 30 euros.
Non esquezades anotarse para esta magnífica velada na Panadería Perla, Casa Abelardo,
Floristería Jazmín ou bén chamando aos teléfonos 981- 710063 /  617753431

lunes, 23 de noviembre de 2009

Info marítima


   1-  Incautados 351 kgs. de centola no porto de Camelle.
O servizo de Gardacostas de Galicia retirou este pasado venres distintas artes de pesca ilegais nas rías de Corme e Laxe, e Camariñas. Ademais, os axentes fixéronse tamén cunha importante cantidade de marisco, especialmente centolas, que na súa maior parte foron devoltas ao mar por atoparse vivas.



A maior cantidade foi localizada nas proximidades do porto de Camelle. Alí, en sete salabardos, foron atopados 351 quilos de centola. Todo apunta a que ese marisco non estaba destinado á súa venda inmediata, senón á espera de que se abrise a veda (hoxe) para poder vendelo entón. Con todo, durante os períodos de veda non só está prohibida a extracción, senón tamén a captura mantendo os exemplares en cautividade.


As centolas foron localizadas e liberadas por axentes da Consellería do Mar a bordo da embarcación de vixilancia Paio Gómez Chariño . A mesma patrulleira localizou outras artes e capturas ilegais no contorno de Santa Mariña. Alí apareceron 61 quilos máis da mesma especie, ademais de 21 nasas situadas en zona prohibida. Noutros dispositivos atoparon tamén 27 quilos máis de centolla e outros 6 de lubrigantes.


Mentres a Paio Gómez Chariño traballaba na ría de Corme e Laxe, a Susana de Luzes facíao na de Camariñas. Alí localizaron outros 192 quilos de centolla, 4 de lubrigante e 18 de santiaguiño. Todos os exemplares atopábanse en gaiolas ilegais.

A operación culminou coa incautación doutras nasas e aparellos ilegais en Muxía, onde tamén foron localizados oito quilos e medio de nécora.
 
Máis info :  La Voz de Galicia, Europa Press, quepasanacosta, ABC, El Correo Gallego
Foto :  quepasanacosta
 

  2-   Descobren no fondo mariño un novo polbo "con orellas"
Máis de 344 científicos de 34 países, entre eles España, englobados no chamado Censo de Vida Mariña inventariaron ata agora unhas 17.650 especies das profundidades mariñas que viven a uns 5.000 metros de profundidade e que nunca viran a luz. O seu traballo é o resultado de dez anos de investigacións que aínda continúan adiante, xa que para outubro do próximo ano espérase que se presente o informe final do censo.



¿Que é o que se atopou? Entre outras especies, un polbo xigante que se despraza con ás que parecen orellas de elefante, un organismo que forma parte do plancto que parece un antigo broche de ouro ou un verme da familia dos pogonóforos, que se alimenta de petróleo a 990 metros de profundidade, cerca do golfo de México. A vida nas profundidades do mar semella rica e colorida, a pesar de que non chega alí nin un raio de sol.


«As augas abisais son o ecosistema continuo máis grande do mundo e o maior espazo para o desenvolvemento da vida. Ao mesmo tempo é o menos investigado», dixo Chris German, do proxecto internacional Censo de Vida Mariña, que desde o ano 2000 leva a cabo unha especie de inventario dos organismos que viven na auga. Das máis de 17.000 especies localizadas, 5.722 viven a máis de 1.000 metros de profundidade e as restantes en rexións que están por baixo dos 200 metros.
 
Máis info e foto :  La Voz de Galicia

viernes, 20 de noviembre de 2009

Para mariñeiros nós (Capítulo 9)

Nova de interese


Manuel Camiño Mouzo é o novo responsable local do BNG en Camariñas.
Tras a renuncia do camellán e colaborador deste blog,Luís Miguel Suárez Pérez, por problemas persoais, o BNG de Camariñas elexíu este mes en asamblea ao seu novo responsable local. Trátase de Manuel Camiño Mouzo, natural de Arou, diplomado en traballo social e licenciado en sociología. Camiño Mouzo traballa, actualmente, para a CIG.



O novo vogal do partido asegura que o seu obxectivo é «defender os intereses dos veciños e veciñas de Camariñas» e conseguir que se melloren as condicións de vida na localidade «para que a poboación se asente e deixe de emigrar». Así mesmo, buscará que se establezan servizos sociais en beneficio da comunidade.


Camiño Mouzo tratará de facer do BNG unha organización máis dinámica no municipio para converter a formación, di, nun referente político de Camariñas. O obxectivo é «converterse en motor de cambio no Concello». Ademais, desde a asemblea local lamentan as disputas e os enfrontamentos persoais entre o alcalde e o vogal do PP que, aseguran, non conducen a nada  e que retrasan o avance de Camariñas, con respecto ao resto da comarca. "O BNG está decidido a traballar para cambiar o rumbo do concello", dixo Manuel Camiño.

Máis info : La Voz de Galicia, quepasanacosta, anosacosta

Os monólogos de Manolo


A verdade é que estaba pensando sobre que escribir o monólogo de esta semana,e con esa idea fun o retrete,por que é alí,sentado nó trono,donde me ven mais rápido a inspirasión.Ademais é o único sitio donde os homes podemos facer dous traballos o mismo tempo.Pois ben,non fixen mais que sentarme,cando notein un dolor nas miñas humildes posadeiras.Apalpein coa mán,e descubrín un grano.¡¡EUREKA!!.Vou a escribir sobre ésto,pero non,non vos creades que vou a facer un estudio sobre as pústulas anales,non,eso deixo para os profesionales nó tema.Vou a escribir sobre as personas que son como esto último.



Andan por ahí certos indivíduos que padecen unha enfermedade mental conocida en términos psiquiátricos como "SÍNDROME DE TOUCHBALLS"(Tocapelotas).Estes personajes son dignos de que se lle faga un estudio en profundidade.

Unha dás características desta xente é que lle ven de cuna,que digo de cuna,venlle dende o momento mismo dá procreación.

Outra das súas habilidades é o gran poder de convicción que teñen,ademais de pensar que son os primeiros en todo sin importar como conseguilo.

Cando son simples espermatozoides,para conseguir chegar ó óvulo,teñen que someter a súa nai a unha operación quirúrxica para que lle implanten unha línea fosforescente,coma a dos avións,para que consiga chegar o seu destino.

Cando consigue chegar o primeiro,non por que correra mais cós outros,sinón por convencer os seus compañeiros de corrida de que si corren moito pódenos multar.


Pois o que íbamos.El chega ó óvulo,e en vez de intentar entrar como todos os espermatozoides,ÉL CHAMA Á PORTA.

Por que o señorito ten uns modales exquisitos.

-Pún,Pún,Pún

-¿Que é?

-Son eu,o Superespermatozoide tocapelotas.

-Pois entra.

-Eh,¿Por donde?

-Jodeer,pois terás que furar a membrana coma todos,non.

-E que...Non trouxen ferramenta.

-Tela que furar cós dentes,¡payaso!.

Cando cosigue entrar por fín ,chega exausto adentro e pregunta:

-¿E ahora que fago?

-(Miña nai,que pelma me tocou).¿Pois tí saberás?

-E que... me quedaron as instruccións nó bolsillo dó flagelo,e claro,túveno que deixar fora.

-Vai oh.


Pois ocurre que sin saber como,consigue ó embarazo,e é aquí donde comenza a nosa desgracia.A verdade é que vendo ésto non me extraña que non sean moi abundantes,anque sí mais do que nós quixéramos.

Cando chega a hora de nacer,de esperar nove meses,nada de nada,él nace ós sete,por que é así de CHULO.E non vos creades que nace de xeito normal,non,a éste méxano,por que da outra forma está moi vista.¿E de que forma sinón podía nacer este ser tan especial?.

Por nacer así,ten que estar certo tempo na incubadora,pero non nunha incubadora calquera,a él méteno nó FERRARI das incubadoras,con critales tintados,(por que solen ser bastante feuchos),calefacción central,fío musical,etc.


Cando por fín o bautizan,non creades que chora por recibir a auga po la cabeza.Él chora cá rabia por non poder arrabuñar ó cura chosco que lle está a tirar o líquido elemento.

Cando pasan os anos,e fai a Primeira Comunión,non vai vestido de mariñeiro,eso é moi vulgar.Él vai de Almirante dá flota.E non vos pensedes que vai a facer á Primeira Comunión.Él vai a un baile de disfraces que organiza Don Eulogio ná Iglesia.

A súa etapa infantil,pasa por ser unha dás mais desgraciadas,xa que pasa a mitade dó tempo tirado nó chán coas rabietas que lle dan,por que non lle dan sempre o que él quere.Logo levará marcada ná cara,durante a súa cochambrosa vida,as arrugas de expresión,provocadas po la súa contínua cara de "Bochudo".


Bueno,deixámolo aquí,de momento.Aínda nos queda por ver a súa adolescencia,xuventude,matrimonio,madurez,etc.Pero eso xa o veremos noutro capítulo.Sin mais,despídome de vos, non si antes decirvos que non faltedes a semana que ven, có segundo capítulo de:
 ¡¡¡ OS TOCAPELOTAS!!!


jueves, 19 de noviembre de 2009

Novas medioambientais


 1.  O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena o derribo da casa da ex-conselleira de Pesca, Carmen Gallego, por invadir o dominio público.
A ex conselleira de Pesca Carmen Gallego Calvar perdeu indirectamente un importante asalto da batalla xudicial emprendida polo colectivo ecoloxista Salvemos Pontevedra contra a Consellería de Política Territorial.



Esta asociación, que preside Francisco Díaz, denunciou unha infracción cometida pola parlamentaria socialista ao levantar a súa vivenda en zona de protección do dominio público marítimo terrestre en Riomaior, no concello pontevedrés de Vilaboa, ao borde da ría de Vigo. Acudiu aos tribunais ante o silencio administrativo da Xunta.


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordena agora á Administración -nunha sentenza recurrible ante o Supremo- a «proceder á demolición do construído ilegalmente».
O alto tribunal galego sinala no sexto fundamento de dereito que a leira na que se levantou a casa e a piscina da ex conselleira de Pesca e do seu marido «está clasificada nas Normas Subsidiarias de Vilaboa como chan non urbanizable de núcleos rurais tradicionais».
Así mesmo, a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo subliña que tampouco se acreditou que «o terreo contase á entrada en vigor da Lei de Costas cos servizos esixidos no artigo 78 da Lei de Chan de 1976», e sinala que o aparellador municipal recoñece que a rede de saneamento local quedaba a uns cincuenta metros da parcela, e a consolidación pola edificación nin sequera alégase. «Por iso, non sendo discutido que a edificación litigiosa está a menos de 100 metros do límite interior da ribeira do mar», considera que as pretensións argumentadas polo esposo da ex conselleira «non poden ser acollidas».


Cabe sinalar que o TSXG uniu nesta sentenza os respectivos recursos interpostos por Salvemos Pontevedra e polo propio marido de Carmen Gallego contra a desestimación presunta da solicitude de resolución dun recurso de alzada e a desestimación presunta de devandito recurso de alzada contra unha resolución ditada en xuño do ano 2000.


Salvemos Pontevedra pedía no seu recurso a reposición do terreo ao seu primitivo estado e que se procedese de inmediato á súa execución. Nunha carta enviada ao entón presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e ao vicepresidente Anxo Quintana, Francisco Díaz alertaba de que a propia Galego -como titular de Pesca- non podería ser quen decidise sobre o expediente incoado por unha suposta infracción urbanística do seu domicilio. Finalmente, foi Política Territorial a que se fixo cargo das competencias do Servizo de Costas unha vez transferidas, pero non resolveu se se arquivaba ou non o expediente aberto por mor dunha denuncia que data do 2004 ou se se demolía ou non a vivenda.

Máis info: La Voz de Galicia, ABC, Faro de Vigo, El País, La Opinión, Diario de Pontevedra, anosagalicia


 2.  O TSXG declara ilegal unha piscifactoría de Ribadeo, promovida pola familia de Alvarez Cascos,  por atoparse nun espazo protexido da Rede Natura.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha nova sentenza que avala as teses do colectivo ecoloxista Adega referentes á piscifactoría de Rinlo (Ribadeo), cuxa execución aprobouse no tramo final do Goberno de Manuel Fraga na Xunta. Máis aló da transcendencia efectiva do fallo, xa que o proxecto foi paralizado ao pouco de iniciarse e o seu titular non pode continualo porque xa non figura no novo plan acuícola, Adega recalca o precedente que senta de cara a outras actuacións que se pretendan desenvolver en espazos protexidos.



«Son as primeiras sentenzas que se fallan en Galiza a favor dun espazo de Rede Natura e en contra de intereses privados co apoio dá Administración, polo que constitúen un precedente que se pode aplicar con respecto a outros proxectos que atenten probablemente contra a normativa europea que regula a conservación de hábitats en Rede Natura 2000», sinala Adega.

Se a piscifactoría de Rinlo non chegou a executarse foi en gran medida pola oposición que lle expuxo Adega. Membros deste colectivo non dubidaron no ano 2005 en porse fronte ás máquinas escavadoras obrigando a parar as obras. Por iso foron denunciados pola empresa promotora, Acuinor, pero as demandas de Adega tamén prosperaron e finalmente o proxecto detívose. O argumento principal foi que se desenvolvía nun espazo protexido, o Lugar de Interese Comunitario (LIC) das Catedrais e a Rede Natura. No novo plan acuícola esta planta figura retranqueada 400 metros ao interior, co que Acuinor renunciou a executala.


A nova sentenza do TSXG, que anula o acordo do Consello da Xunta do 28 de xullo de 2005 polo que se aprobou o plan sectorial de incidencia supramunicipal da piscifactoría de Rinlo, únese a outra anterior, tamén contraria á aprobación da declaración de impacto ambiental do proxecto.


Desde un principio Adega sostivo que este proxecto estaba inmerso en multitude de supostas irregularidades, como a referente a que o Concello de Ribadeo concedéselle a licenza de obra un día logo de ser aprobado polo Consello da Xunta, sen esperar a que o acordo fose publicado no DOG e sen contar coas autorizacións para ocupar o dominio público marítimo-terrestre.


Adega incide en que no fallo o TSXG non só critica unha mala xestión dos espazos protexidos, «senón que por primeira vez apuntan responsabilidades cara á Administración, neste caso a Xunta do último executivo de Manuel Fraga, ao desatender as consideracións ambientais e de protección recoñecidas por lei do lugar onde pretendíase situar a granxa de acuicultura».


Finalmente, Adega expresa o seu temor a que este modelo de actuación póidase repetir coa instalación de parques eólicos.

Máis info : La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El País, ABC, Europa Press,  Xornal.com, galiciae, cope, anosaterra, Faro de Vigo, La Opinión

Os relatos de Guany


HOMES SINGULARES:


Por fin, tivo lugar a liberación do Alakrana. É un feito para celebrar despois da angustia dos protagonistas, os seus seres queridos e a preocupación de todo o país. Por se fosen poucos os riscos da vida dos mariñeiros, aparece un novo perigo, facendo deles unha moeda de cambio.

Cabe a posibilidade de que sobreestime aos homes do mar por certa idolatría que teño cara a esas persoas que se deixan a pel nun traballo tan duro e rara vez recompensado económicamente, tendo en conta as horas de dedicación , esforzo físico e perigo que conleva. Será porque é difícil desfacerse das vivencias da nenez (afortunadamente, neste caso) e das historias que nos contaban os nosos achegados sobre as súas experiencias no mundo do mar. Cando un crece nese contexto, establécese un vínculo irrompible con el.

Unha das situacións que me contaban era que, antes de construiren diques, as mareas vivas do inverno arrasaban con todo o que se lle puña diante, chegando, literalmente, a darlle a volta a algún barco pola arremetida dos golpes do mar. O pobo andaba revolto para axudar aos afectados ata conseguir colocalo na posición correcta, con ese compañeirismo, tal vez único, que se dá neste colectivo. A convivencia entre eles nas súas longas xornadas dentro dun recinto pequeno, onde e a caña de herbas tiña un lugar de honor para espantar o frío.

Homes curtidos e adaptados a unha existencia difícil, cuxos paseos diarios teñen lugar enriba das ondas dun mar, tantas veces embravecido e hostil. Todos temos na retina as imaxes do barco Ataín no contorno de Camariñas, saíndo a faenar. Impresionante visión, sabendo que dentro daquel barquiño, máis semellante a unha casca de noz que a outra cousa e no medio dunha ondanada que parecía querer devoralo, ían uns cantos homes que teñen como maneira de vivir unha actividade de tal calibre. Sería desexable, penso coa miña total ignorancia dos motivos que os levan a navegar en tales circunstancias, ser máis prudente.

Creo que ninguén dubida da súa valentía (ríome eu cando alaban a dos toureiros, que se teñen éxito fanse millonarios decontado). Os mariñeiros son conscientes de que un día desafortunado poden deixar de ver medrar os seus fillos. Póñenseme os pelos coma alcaiatas cando se tira esa coroa ao mar na procesión do Carmen. Penso que todos sentimos algo semellante porque se produce un silencio case sepulcral ante ese feito simbólico cara aos veciños que deixaron a súa vida na máis profunda das soidades sen que unha figura familiar póidalles tender a man.

Reláxate e disfruta.

martes, 17 de noviembre de 2009

sábado, 14 de noviembre de 2009

A NASA encontra auga na Lúa


A Axencia espacial de Estados Unidos NASA anunciou o achado de auga na Lúa, o que abre un novo capítulo na exploración do satélite terrestre.
O pasado 9 de outubro, a NASA estrelou a sonda LCROSS e o seu foguete Centauro no fondo do cráter Cabeus no polo sur da Lúa, nunha operación que buscaba confirmar a presenza de auga no satélite natural da Terra.

A colisión levantou unha columna de material desde o fondo dun cráter que non recibiu a luz do Sol en miles de millóns de anos.

Os datos preliminares obtidos da análise deses materiais indican que "a misión descubriu, exitosamente, auga... e este descubrimento abre un novo capítulo no noso coñecemento da Lúa", afirmou a NASA.

Máis info : La Voz de Galicia, El País,

VII Aniversario do afundimento do Prestige


Onte cumpríronse sete anos do tráxico afundimento do Prestige e todos seguimos agardando que se tomen medidas de protección eficaces nas nosas costas.
O chamado corredor marítimo de Fisterra segue sendo a "autopista da morte" e os políticos (do anterior goberno e deste goberno) non fan nada para remedialo.

Esta semana aparecía a nova de que o Goberno de España traslada a Madrid ao grupo de expertos en verquidos destacados en Galicia; esta e outras malas novas fannos presaxiar un futuro moi "negro" na nosa costa.

Para máis inri, o pecio do Prestige ( a 220 kms. das Illas Cíes ) segue vertendo 12 litros de fuel ao día e no interior do barco afundido aínda quedan preto de mil toneladas de materia viscosa e contaminante... ¡ Que Deus nos colla confesados !

RELATO DE ANA LÓPEZ:

Daqueles meses lembro moitas bágoas. Bágoas de xentes moi diferentes, que tiñan pouco en común pero que sentían coa mesma intensidade. Mariñeiros, ecoloxistas, científicos e cidadáns chorando pola mesma causa. Lembro imaxes moi duras; fotografías dun mar que se volveu negro, de praias que perderon a cor e de miles de animais agonizando preto da costa. Foron meses de duro traballo nos que cada quen aportou a súa palliña, os de aquí e moitos de fóra. Lembro os madrugóns, as carreiras moi cedo cara O Campiño para axudar a saír adiante aos paxaros, os mareos e vómitos polo hidrocarburo, as viaxes ás rochas e as pelexas porque non había monos para todos e os «eu tamén quero limpar» –en galego, en castelán e nalgún outro idioma descoñecido–. Daqueles días nos quedou o amarguexo da impotencia, a morte de Man de Camelle e as mans dos pescadores cheas de chapapote. Pero só serán iso, lembranzas; porque sete anos despois do afundimento do Prestige case nada cambiou nas políticas destinadas a combatir os desastres mariños. Máis similitudes que diferenzas caracterizan a capacidade de resposta do noso país ante un verquido, segundo un estudo sobre a loita contra a contaminación da Universidade Carlos III de Madrid. Coma se nada tivera pasado. Coma se todo quedara nun mal soño que hai que esquecer canto antes.

Más info : anosacosta, La Voz de Galicia, La Opinión, Diario de Pontevedra

viernes, 13 de noviembre de 2009

jueves, 12 de noviembre de 2009

Os relatos de Guany


A COSTELA DE ADÁN


Polo que nos contan sobre o xénero feminino ao longo dos séculos, non pode dicirse que lle fose doado visto cos ollos de hoxe. O home, ata hai moi pouquiño, foi quen tivo a tixola polo mango. Aquelas paréntesis de matriarcado, non foron o máis estendido. En Galicia ten certa fama pero non se libraba das tinguiduras machistas.

Por outro lado, hai feitos curiosos: din algúns antropólogos que entre os primeiros homínidos, a muller tiña un papel fundamental ata o punto de que dirixía o grupo no seu camiñar por aquelas terras inhóspitas de África. Parece que lles tiñan pánico á noite; non entendían porque aquela cousa que lles daba luz e calor desaparecese sin máis explicacións, deixándoos condenados á negra tristura e ían na busca daquel obxecto redondo de cor amarela, que escapaba do ceo todos os días.Nesa persecución, foron explorando terras novas, guiados polas mulleres do grupo.Tamén se di que os homes inventaron o lume pero foron elas as encargadas de coidalo.

Cando deixaron de ser nómadas e agrupáronse en asentamentos, apareceron os roles de cada un ante necesidades que xurdían das situacións novas. Para elas a vida doméstica.... E así, máis ou menos, durante longos períodos. Suponse, xa que apenas hai datos, que non foi mal considerada entre os homes primitivos, cando a existencia era xenuina sen máis complicacións que as de sobrevivir sinxelamente; o que miña avoa chamaría "algo salvaje" ou a xefa dunha multinacional: "poco refinada".

A cousa empeorou cando se incorporaron elementos máis sofisticados como crenzas, relixión e distintos pensamentos que ían máis alá da realidade inmediata, transmitidos duns homes a outros.... Pensaban que a muller non tiña alma (hoxe diríamoslle ¿e que?). Outros, cuxo dircurso estendeuse como un regueiro de pólvora, afirmaron que saira dunha costela de Adán. ¿a que vos soa familiar?. Ata o mesmo Darwin dixo estar convencido de que a muller era inferior ao seu par masculino - nese momento, debía estar picándolle un ourizo nas partes pudendas-.

O xénero pasou diferentes etapas e penurias de toda índole, con épocas máis afortunadas que outras e clases sociais menos prexudicadas pola situación. Curiosamente, as de clase alta tiñan un control máis férreo e as romanas tiveron poder mediante o uso dos seus encantos femininos a xulgar polas innumerables películas que nos amosan esa estratexia, non desaparecida de todo nalgúns tipos de muller .E fácil deducir que foi bastante utilizada e non só polas romanas. Tanto unhas coma outras, baixo o poder dos homes, fosen pais, protectores, cónxuxes ou fillos.

De homes influíntes saíron lindezas como estas :

"Si la mujer pudo vencer al hombre estando en el paraiso, que hará con los que no están en él" -San Xerónimo, ano 400-.

"La mujer se asemeja a una vasija: mero recipiente de la semilla del hombre" -un teólogo do ano 1500-.

Estas dúas afirmacións procedían de persoas, que enxalzaban á virxe María..... (non debian comerse un rosco e ,xa se sabe, os impulsos reprimidos disque xerminan ..).

"Las batallas contra las mujeres son las únicas que se ganan huyendo" -Napoleón, que tivo fama de non poder respirar sen a influencia dunha muller, dixo isto no ano 1800-.

Con escasa ou nula participación do que acontecía no seu mundo, agás cando foi necesaria como man de obra, diana dos impulsos sexuais e para ocuparse da crianza da prole e/ou o coidado dos vellos, careceu de todo tipo de liberdade para decidir sobre a súa vida. Pois ¿sabedes que vos digo?: que eles o perderon. Querendo telas subordinadas, ignoraron que o mellor de nós maniféstase en condicións de liberdade, polo que estiveron privados da compañía dunha muller coa que compartir e enriquecerse do intercambio con ela.

Á situación actual dos paises punteiros chegamos despois de auténticas heroicidades de moitas valentes, que tiveron (e seguen tendo) que demostrar do que son capaces. Hai quen pensa que se a historia anterior tivese unha maior intervención feminina, o mundo sería diferente. A realidade de grandes poboacións continúa sendo penosa e, aínda que resulta chocante, nas nosas sociedades tamén quedan resíduos de homes que tratan as súas mulleres como unha mercadoría sen data de caducidade. Alí onde a muller carece da consideración de persoa igual que o home polas ditosas crenzas, conveniencias, miseria, analfabetismo ou a suma de todo isto, hai unha muller que é tan só a sombra de si mesma e un varón que non sabe o que fai nin o que perde.

Os monólogos de Manolo


Bares, eses grandes centros de culto.

Algunha vez planteástesvos como nace un pobo.Pois moi facil.Chega un tío a un sitio desierto,poñe un bar e o redor empezan a construir casas.¡Po lo menos en España!.A proba é que en España hay pobos sin escola,sin axuntamento,sin farmacia,sin cuartelillo,...pero sin bar...¡Nin de coña!.


Claro que,po lo menos,alí é donde che dan mais cuartelillo.


¿E sabedes cal é o motivo?.Que nos bares podemos facer moitas cousas que non se poden facer ná casa.


Por exemplo.Nun bar podes tirar ó chan as cabezas dás gambas...


Tíralas ná casa e xa verás a que se lía...


No bar,tiras as cabezas dás gambas e tápanas con serrín.¿Que che cae unha cervexa?.¡Tápana con serrín!.¿Que se cae un borracho?.¡Tápano con serrín!.Outra cousa non haberá,pero naljún bar hai mais serrín que na tumba de Pinocho.


Sin embargo,hai outras cousas que fas mellor ná casa:Por exemplo¡MEXAR!
Para entrar no baño do bar,tes que facelo con katiuskas(botas de goma).Claro que de vez en cando,pasa o dono e vótalle ó chan un pouco de...¡SERRÍN!.Pero ocurre que a taza tamén está juarra,por que ninguén tira dá cadea...Estou seguro que si nun bar tiras dá cadea,sae SERRÍN.


O bar sirve tamén para quedar cós colegas.Por que a miña casa é tan pequena que soio cabemos tres(e sin teléfono móvil).E,claro,¿Donde vas a quedar si nón?.¿Nunha ferretería?,¿Na farmacia?,¿E que vas a pedir?:Ita,póñeme tres chupitos de BISOLVÓN e dous LEIXATÍNS.¿Ou ná Iglesia?...E que pensando ben...unha iglesia é o mais parecido a un bar...


Hay un tipo detrás dunha barra,viño,música,xente...e as veces hay HOSTIAS,e os domingos,a hora dó aperitivo,os dous sitios están petados de xente.


Eso sí,nos bares hay mellor rolliño.Por que mentras na Iglesia pasa un tío cun trueiro para que soltes guita,no bar discutes por pagar.¿Donde mais pasa eso?,¿Na Asociación de Veciños?.¡Imaxinense que discutíramos por invitar na reunión de veciños!.


-Chsssst.¡A churrascada págoa eu!.


-Pero si tí xa pagastes a sardiñada do mes pasado.


-¡Que mais dá!...Si de pobres non vamos salir.


E outra cousa:Túa casa,¿Como se chama?.Pois com moito chamarase 4º C.¡E anda que non hay "cuartos ces".En cambio os bares teñen nomes fascinantes:O BAR-bitúrico,O BAR-acaldo,A TASCA-breado.


Eu debo guita en todos,pero donde mais debo é nó BAR-CLAYS BANK.Eso sí,nun bar o mais importante é o camarero.Os camareros pódense dividir en dous tipos:O AGIL...e o AGIL-ipollado.O AGIL,según entras po la porta,límpache a barra,arrímache o borralleiro´póñeche unha caña e diche:


-Van dous cero,perde o Madrí,Baixou o índice Dow Jones e o político menos valorado é Pepiño Blanco...¿Métoche unhas cacajuetiñas?.


O AGIL-ipollado reconócese por que parece que está salindo dá anestesia:Nin che oe,nin che ve.Tí faslle señas,como si estiveras aparcando un avión,pero o tío pasa po lo teu lado sin mirarche siquera,como si fora un médico dá SEGURIDÁ SOCIAL.Que entras po-la mañán a tomar un café e cando che fai caso...


-A ver,¿Que vai a ser?


-¡Dentro de pouco,noite,cabrón,mecajon dió!.


Pero donde o bar alcanza a gloria e cando hay partido.O bar é o "TEMPLO DÓ FÚTBOL".Antes había un cartel que poñía:"Berberechos cojonudos","Temos nécoras coma palas".


Ahora non,ahora poñen:"Hoxe DEPOR-REAL MADRÍD...E en todo día xa non se fala de outra cousa...Nada mais entrar nó bar,pides unha caña e o camarero diche:


-Raúl ten osteopatía de pubis.


-Eses poden ter o que queiran,cos cartos que teñen.


I esta é a gran diferencia entre o bar e a túa casa:Nunca se discute po lo mando.No bar non hai zappins.Si hay partido,vese ó partido.Si hay ximnasia rítmica,vese ó partido,Si hay "Gran Hermano"vese ó partido e si hay unha película porno nó CANAL PLÚS...¡Grábase ó partido!.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Fotos "Desfile de moda" e "Festa do carlou"


Por mor dun problema técnico ( estropeóuseme a cámara de fotos ), non poido poñer as fotos do "Desfile de moda" e da "Festa do carlou" celebrada con gran éxito este pasado sábado no noso pobo. Pero si queredes ver as fotos, non tendes máis que entrar no blog amigo " O blog de Mario e Lidia" e poderedes disfrutar de moitísimas imaxes deste evento.


Vídeo musical

Vídeo de humor ( NON APTO PARA MENORES )

Fotos do temporal ( Por Andrea )







viernes, 6 de noviembre de 2009

Para mariñeiros nós (Capítulo 7)

Os monólogos de Manolo



O noso fiel usuario e colaborador deste blog, Manolo, mándanos un monólogo en tono humorístico. Espero que vos guste e por suposto, que nos mande máis.


CONSUMO DE ALCOHOL

Causas,efectos secundarios e posibles solucións.


1.-Síntoma:Pés fríos e húmedos.

Causa:O vaso está sendo agarrado nun ángulo incorrecto.

Solución:Xira o vaso hasta que a parte aberta quede párriba.


2.-Síntoma:Pés quentes e mollados.

Causa:Xa mexastes por tí.

Solución:Vai secarte ó baño mais próximo.


3.-Síntoma:A parede de enfrente está chea de luces.

Causa:Caestes picha-arriba.

Solución:Posiciona o teu corpo 90º con respecto o chán.


4.-Síntoma:A túa boca está chea de colillas.

Causa:Caestes de fuciños enrriba dó borralleiro.

Solución:Chuspe todo e lava a boca con un bó Gin tonic.


5.-Síntoma:O chán está borroso.

Causa:Estás a mirar a través dun vaso valdeiro.

Solución:Pide outro Gin tonic.


6.-Síntoma:O chán estase movendo.

Causa:Alguén che está arrastrando.

Solución:Pregunta a donde che levan,po lo menos.


7.-Síntoma:Reflexo múltiple de caras mirandoche dende a auga.

Causa:Estás no inodoro intentando jomitar.

Solución:Clava o dedo (na jarjanta),e si non funcionara,clávao primeiro donde pensastes e logo ná jarjanta.


8.-Síntoma:Oes que a xente fala producindo un misterioso eco.

Causa:Tés o vaso ná orella.

Solución:Deixa de facer o parvo.


9.-Síntoma:A discoteca móvese moito,a xente viste de blanco e a música é moi repetitiva.

Causa:Estás nunha ambulancia.

Solución:Non moverse.Posible coma etílico ou conxestión alcoholica.


10.-Síntoma:O teu pai está moi raro e todos teus irmáns mírante con curiosidade.

Causa:Equivocácheste de casa.

Solución:Pregunta si che poden indicar donde queda a túa.


11.-Síntoma:Un foco criminal de luz dá discoteca cégache a vista.

Causa:Estas tirado ná rúa e xa é de día.

Solución:Café e unha boa siesta.

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE