Benvidos camelláns

Alégrome de que entres neste blog, no que poderás ver e informarte do que pasa no teu pobo, comentar o que queiras, ver vídeos e fotos da nosa xente, chatear, opinar sobre os temas actuais e pasar un intre agradable.
Ademáis podes colaborar con nós para que este blog se convirta nun lugar de expresión para tod@s sempre e cando se respete os demáis...
NOTA : o autor deste blog non se fai responsable dos comentarios aquí verquidos e tamén se reserva o dereito de eliminar ou extractar tódolos mensaxes ameazantes, malsoantes, insultantes, inxuriantes e os que nomeen a alguén.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión.






Generador LED para MySpace - Joombly

Buscar neste blog

¿Estás a favor ou en contra do novo decreto do galego aprobado pola Xunta?

domingo, 9 de mayo de 2010

Novas camelláns

 1.- A Comisión de Festas de Camelle pide a tódolos camelláns que aporten ideas para recadar máis cartos para as próximas festas do Espíritu Santo,lembrade que para o Domingo actuará a considerada mellor orquestra de Galicia, Panorama.
Así que si tendes ideas e propostas para xuntar máis cartiños para as nosas e envexadas festas,soamente tendes que propoñelo aquí ou no Facebook (Festas de Camelle).

 2.-  A compañía de teatro camellana Florinata está a preparar varias obras de teatro con actores e actrices camelláns de tódalas idades para actuar o vindeiro lunes día 17,día das Letras Galegas, na Casa de Cultura de Camelle.
Tamén farán actuacións fora do noso Concello.

 3.- O artista nicaraguano Rolando Castelló Alegría (1937) será o invitado de honra do cuarto Encontro de Arte e Natureza que se celebrará en Camelle, en honra a Man, os próximos días 15 e 16. O pintor, impartirá un taller titulado Arte en/de natura +D , no que tratará sobre o influxo das culturas antigas na arte actual.



Gran parte da obra de Castelló, guíase pola denominada «pintura matérica» e, como no caso de Man, pola instalación con obxectos atopados. Así, ramas, niños, aves mortas, pedras e metal de refugallo forman parte dalgunhas das pezas do artista. Outra constante na súa obra, que foi exposta en museos de todo o mundo, é o barro.


Sobre o seu traballo falará no taller que impartirá na Casa do Alemán de Camelle e para o que hai só 30 prazas. Máis información chamando ao teléfono 629 818 199.
 
 4.- O portavoz do PP de Camariñas, Daniel Rego, contactou co secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, para interesarse polos problemas de recepción do sinal de TDT en Camelle. Este comentoulle que deu orde aos responsables directos, dentro da Consellería de Presidencia, de que analicen cal é o problema e procedan a solucionalo.
«E tamén me dixo que non ten ningunha constancia de que dende ou Concello de Camariñas, e en concreto a concelleira Mercés Martín, se puxera en contacto con eles para dar aviso dás deficiencias», explica Rego, en relación ás declaracións da edila socialista que dixo  «Estoy cansada de llamar para que lo arreglen, tanto como concejala como vecina, pero no vienen».

No hay comentarios:

Últimos comentarios

chat camellán

Predición do tempo en Camelle

El Tiempo en Camelle

XOGO ( Marble lines )

Seguidores

Datos persoales

CAMELLE

CAMELLE